Rianxo: hoxe, ás 20:30 no auditorio, preséntase "Inflamable", do poeta @pararaparis En Certo entrevistámolo en 2012: certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) February 1, 2013
Rianxo, 1 de febreiro de 2013. O vindeiro martes día 5 de febreiro ás 18:00 h. terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Rianxo a presentación por parte de persoal da empresa Recursos y Servicios Gerontológicos Gallegos S.L. da presentación do servizo de Telexerontoloxía.É un recurso de teleasistencia avanzada dirixido ás persoas maiores e/ou con pérdida funcional e/ou cognitiva, que se presta pola empresa antes citada. Entre os seus obxectivos destacan a prevención e a detección precoz da dependencia e a teleasistencia multiespecialidade, polo que se pode considerar tanto un sistema de apoio social como sanitario.
Este dispositivo, que funciona a través dunha pantalla táctil situada no domicilio da persoa usuaria, permite realizar a valoración do estado cognitivo, da tensión arterial, do pulso e do nivel de saturación de osixeno en sangue, ademais de facilitar a interación mediante videoconferencia con profesionais específicos.
Telexerontoloxía ofrece unha gama de servizos sociosanitarios que inclúen:
- Videoconferencia
- Valoración e adestramento da memoria e outras funcións mentais
- Control de parámetros biomédicos
- Navegación a través de internet
- Telealarma por videoconferencia
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario