- Unha infraestrutura que teñen poucos clubs en Galicia, ao contrario que comunidades como Euskadi ou Cantabria
- Neste municipio entrenan uns setenta remeiros
A axuda provincial aprobada neste convenio é de 47.264 euros, o que supón o financiamento do 85,26% do orzamento dun proxecto que ascende a un total de 55.436,15 euros e que ten un prazo de execución de tres meses. O alcalde, trala sinatura do convenio, salientou a grande importancia que terá esta nova instalación, xa que en A Pobra traballan a diario setenta remeiros. “Grazas a este foxo de remo, poderán facelo a diario a pesar das condicións climatolóxicas, xa que estará a cuberto”, explicou Isaac Ventura. Engadiu, ademais, que “a Deputación e o seu presidente foron quen de ver as necesidades do noso Concello coa colaboración nesta obra tan importante, moi habitual en municipios de Cantabria e o País Vasco, pero que en Galicia teñen contados clubs”.
Finalmente, Isaac Ventura solicitou a presenza de Diego Calvo na próxima inauguración do foxo de remo, para o que espera que poida estar listo antes do verán.
#COIgoHomeRT @elecorpa: Cartel para Madrid 2020, más acorde con la realidad nacional twitter.com/elecorpa/statu…
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario