- Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, Josefa Agrasar Diz de Revixós, Mª Isabel Francisco Saborido de Traxeito e Felisa Rey Lorenzo de Bexo están consideradas "piares das súas familias"
Dodro, 8 de marzo de 2013. O acto, moi concorrido, celebrouse no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Servizos sociais e igualdade Marisol Boga.
Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares. A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción. "A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe", sinala en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais.
A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo “o pilar dunha familia”, quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores. O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.
#8demarzo Gioconda Belli: "Amence con pelo longo o día curvo das mulleres/ Que pouco é un só día, irmás,/que pouco,...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo ...para que o mundo xunte flores fronte ás nosas casas! Dende o berce onde nacemos ata a tumba onde durmiremos/ ...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo -toda a atropelada ruta das nosas vidas- /deberían pavimentar de flores para celebrarnos (que non fagan como coa princesa Diana..
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo que non viu nin escoitou as floridas avenidas postradas de pena en Londres)/ Nosoutras queremos ver e arrecender as flores. /
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores dos que non se aledaron cando nacemos femias no canto de machos / queremos flores dos que nos cortaron o clítoris/
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Flores do que se meteu na cama de noite e tapounos a boca para violarnos mentres nai durmía/queremos flores do que nos pagou menos
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo e do que nos despediu cando se deu conta da nosa preñez/ queremos flores do que nos condenou a morte forzándonos a parir con risco
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo queremos flores do que se protexe do mal pensamento obrigándonos ao velo/burka para cubrir o corpo/ do que nos prohíbe saír á rúa
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores dos que nos queimaron por bruxas e nos empecharon por tolas/ flores do que nos pega e do que se embebeda...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Do que bebe irredento o pago da comida do mes/ queremos flores das que intrigan e levantan falsidades/ flores das que se ensañan..
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Flores das que se ensañan contra as súas fillas, súas nais e súas noras e acubillan veleno no seu corazón para as do seu xénero...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Tantas flores serían necesarias para secar os húmidos encoros onde a auga dos nosos ollos se fai lama; areas movedizas tragándonos
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo e cuspíndonos, das que, teimudas, unha a unha, teremos que xurdir. /Amence con pelo longo o día curvo das mulleres/ ...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores hoxe. Cantas nos corresponden! (Gioconda Belli: es.wikipedia.org/wiki/Gioconda_…)
— Certo (@Certo) March 8, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario