- Promovidas pola cofradía "Irmandade da Paixón de Cristo"
- Se quere ver a revista completa de Semana Santa, témola aloxada aquí
Impulsora
A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011.
As finalidades desta Irmandade son:
1-Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.
2-Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.
3-Coidar e conservar, na medida das súas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa Semana Santa rianxeira.
Pódese contactar con esta entidade relixiosa no seu facebook, en http://www.facebook.com/pages/Irmandade-Da-Paixon-De-Cristo/279917485395441
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario