- Levan a maqueta a antiga Motora dos Cambeses, embarcación que comunicou Rianxo con Vilagarcía entre 1964 e 1989
- O Salón do Libro celébrase dende este sábado 2 ata o sábado 23 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra
A maqueta da Motora dos Cambeses que estará en Pontevedra
Rianxo, 1 de marzo de 2013. O CEP Xose Mª Brea Segade de Taragoña participa como centro convidado no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se desenvolverá entre o 2 e o 23 de marzo no Pazo da Cultura. O equipo de biblioteca coordinou a participación do profesorado e alumnado de catro aulas do centro. O lema desta XIV edición do Salón é "A toda máquina" e o Brea Segade decidiu participar na exposición de traballos de centros escolares cunha maqueta que reproduce a antiga motora dos Cambeses, que comunicou por mar a Rianxo e Vilagarcía entre 1964 e 1989. Na motora van seis "libros-pasaxeiros", elaborados polo alumnado en banda deseñada, que contan a historia da motora, os seus aspectos técnicos, anécdotas dos veciños e veciñas de Rianxo que viaxaron nela e unha aventura imaxinaria coa motora e os nenos/as do colexio como protagonistas. Trátase dun traballo de investigación e de creación que partiu da recollida de información e lembranzas das familias do alumnado e do dono e patrón da motora, Joaquín Cambeses Calvo. Na fase de creación foi preciso reelaborar e organizar toda a información recollida para transmitila en formato de cómic.
Alumnado e profesorado do "Brea Segade" unidos para esta acción de recuperación da memoria local rianxeira"A banda deseñada é o tema da campaña de biblioteca deste curso, coa que se pretende achegar a noso alumnado ao mundo do cómic tanto clásico como actual e potenciar a súa lectura e a súa creación. Desde a Biblioteca Brea Segade queremos destacar a importancia de manter viva e poñer en valor a historia da comunidade á que pertence o noso alumnado, de contar coa colaboración das familias e os veciños como informantes e de promover que os nenos e nenas se convirtan en creadores, non meros receptores, de coñecemento", explican dende o colexio.

Familias do CEP Brea Segade viaxarán ao Salón do Libro mañá, sábado 2, día da inauguración, nunha visita organizada pola ANPA, e boa parte do alumnado que participou na experiencia se desprazará a Pontevedra o luns día 4 nunha visita escolar.
O Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ofrece un variado programa de actividadades de animación á lectura aberto á participación de escolares e familias e constitue unha cita anual ineludible para todos os interesados no mundo da lectura e a literatura infantil e xuvenil.
No blogue da biblioteca do colexio hai varias entradas sobre a participación do "Brea Segade" no Salón:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario