12.3.13

Ribeira: curso de defensa persoal gratuíto este sábado 16 de marzo, só para mulleres

  • Hoxe martes día 12 de marzo ábrese a matrícula dun curso de defensa persoal gratuíto dirixido a mulleres
  • Organizado polo CIM (Centro de Información á Muller), este curso está dirixido a todas aquelas mulleres que queiran adquirir algunhas nocións básicas de defensa persoal, nocións que seranlle aprendidas dun xeito eficaz e sinxelo.
  • O curso será o sábado 16 de marzo e terá unha duración de tres horas, entre as 10 e as 13 horas. Será impartido nas instalacións deportivas de A Fieiteira.
  • As mulleres interesadas poden inscribirse dende mañá no Centro de Información á Muller situada na estrada marxe dereita nº4 (número de teléfono: 981 874 131) ou na oficinas de deportes de A Fieiteira (981 873 646).

 http://farm5.staticflickr.com/4054/4711426255_d91955eaff.jpg



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical