25.5.10

Cultura: celébrase hoxe o X Día Internacional da Toalla

O ano pasado a cara "institucional" deste día friki-lusista foi o ribeirense Quico Cadaval. Nesta volta, a faciana pona Ugía Pedreira, focense que canta en varios grupos.
Por suposto, Certo tamén se une á celebración deste día. Só tedes que coller a mellor toalla (portuguesa a poder ser) que teñades na casa e locila polas rúas da vosa cidade (ou polas corredoiras da vosa aldea, se é que esta non ten nome nas rúas, como na vella canción de U2).
E paramos xa de celebrar días por hoxe, que entre o do Friki e este, aviados estamos!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: prazo ata venres 28 de maio para realizar a proba de acceso ao Conservatorio


Ribeira, 25 de maio de 2010
. O Conservatorio Profesional de M
úsica de Ribeira lembra que este venres día 28 de maio será o último día para poder realizar a matrícula necesaria para a realización da proba de acceso a este centro. A devandita proba está aberta a todos os rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos que desexen comezar os seus estudos musicais no 1º Curso de Grao Elemental.

 

Así mesmo, tamén continúa aberto (e tamén remata o vindeiro día 28 de maio) o prazo de matrícula requirida para aqueles que queiran acceder ao 1º curso de Grao Profesional. Para efectuar esta matrícula non existen limitacións de idade.


Como xa informamos anteriormente, todos os mércores de maio, de 18.35 a 19.25 horas, o Conservatorio está dando cabida a un curso de preparación para o ingreso no Conservatorio, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 10 anos.

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Día da Bici organízase o domingo 6 de xuño


A saída será da praza do Concello

Ribeira, 25 de maio de 2010. O domingo 6 de xuño na Praza do Concello hai unha cita para saír a dar unha volta en bicicleta. Organiza o Concello, a peña ciclista Tahúme e unha tenda de bicicletas. Ata ese mesmo día se pode inscribir o que queira participar (de dez e media a once e cuarto da mañá).

O roteiro comeza ás once e cuarto, cun paseo ata a parroquia de Aguiño pola estrada de Castiñeiras.Unha vez chegue o pelotón ao porto de Aguiño, realizarase un pequeno avituallamento, logo voltarase cara á Centenaria polo mesmo camiño.Unha vez rematado o paseo realizarase un sorteo de material deportivo e unha bicicleta.

Camisetas: Os primeiros 200 inscritos recibirán unha camiseta de regalo. A idade mínima que a organización propón para poder facer o percorrido é de 8 anos. Aqueles rapaces que sexan menores, ou que os seus pais non os vexan con forzas para poder facer o percorrido, poderán participar nun percorrido menor polas rúas ribeirenses.

Recomendacións da organización:

· Intentar levar a bici nas mellores condicións posibles

· Ser puntuais

· Non adiantar ó coche de cabeza

· Non interrumpir nin acelerar a marcha normal do grupo

· Non invadir o carril contrario

· Non utilizar as beirarrúas como vía

· Non entender esta actividade coma unha competición: é un paseo

O uso do casco ou capacete é obrigatorio

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: un fin de maio cunha programación cultural moi "xacobea"


Rianxo, 25 de maio de 2010
. Como xa informamos anteriormente, Rianxo está considerado pola Xunta como "Porto Xacobeo". Por esta razón, o concello vese beneficiado por unha serie de actividades culturais que van transcorrer nestes últimos días de maio. Aínda que houbo un baile de datas con algún acto, como a conferencia sobre o Camiño de Santiago polo mar (no primeiro folleto aparecía o pasado 21 de maio), a programación vai ser a seguinte:

Conferencia: O Camiño Xacobeo por mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa
    Día: 28 de maio
    Lugar: Auditorio de Rianxo
    Hora: 20:00
    Impartida por Javier Sánchez-Agustino Mariño, Presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Rio Ulla

Exposición:  O Camiño Xacobeo por mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa
    Dias: 24 ao 30 de maio
    Lugar: Auditorio de Rianxo
    Aberta de 19:00 horas a 21:00 horas

</object>

Concerto:  Música clásica
    Lugar: Igrexa de Santa Columba Grupo de Música Antigua (Fernando Reyes)
    Día: sábado 29 de maio ás 21:00 horas

</object>

Concerto: "BLACK STONES" (non confundir coa banda ficticia do manga "Nana", estes son de Pontevedra e son reais), Tributo Homenaxe á musica dos anos 70 e "REINA MALA" banda de pop/rock español
    Lugar: Explanada do Porto de Rianxo
    Hora: 22:30
    Día: sábado, 29 de maio


Relacionada:

Xacobeo: Rianxo, A Pobra e Ribeira, na fundación Ruta do Mar de Arousa


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: o grupo local socialista homenaxea a tres veteranos afiliados cunha cea este venres 28

Download now or preview on posterous
cea homenaxe.doc (27 KB)

A Pobra do Caramiñal, 25 de maio de 2010. A executiva local da Agrupación Socialista de A Pobra homenaxea este venres a Genoveva Núñez Pérez, Manuel Parada Vilasó e Ángel Ouviña Rey cunha cea na que estarán destacados cargos socialistas galegos.
   Segundo nos explica a concelleira socialista Mª Teresa García Guillán "é unha homenaxe moi merecida, pois comezaron a militar e dar a cara coa morte do dictador aínda recente (sobre 1977) e na Pobra o alcalde era Segundo Durán, un tempo ben difícil para ser amante das libertades".
    O máis positivo na súa longa traxectoria para estes socialistas que van ser homenaxeados "politicamente foi chegar á Alcaldía entre 1991 e 1999. O que peor leva algún é ver a Isaac Maceiras aínda de alcalde".
   Entre os presentes na cea agardan ao secretario xeral do PSdeG neste momento, Pachi Vázquez, así como ao presidente da Deputación coruñesa, o focense Salvador Fernández Moreda, que asiste en calidade de secretario xeral provincial dos socialistas. Tamén teñen confirmada a asistencia da parlamentaria Marisol Soneira e do deputado outiense José Manuel Lage Tuñas, así como numerosos socialistas destas bisbarras.
   Entre empanada, croquetas de marisco, polbo, pescada á romana, carne, postre e café falarase, a bo seguro, da situación política actual a todos os niveis. Os que queiran sumarse a esta homenaxe teñen toda a información no cartel adxunto.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: arman un blog para "escañar" no castro da Lanzada

Vía Xurxo Ayán, que armou no seu día outro (que segue vivo) para escañar en Neixón. Póñano entre os favoritos: o 1 de xuño comezan a levantar terra e irano contando!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

24.5.10

Lingua galega: persoeiros que se sumaron á campaña "Orgullos@s do galego"


Aíd
Cantante
      

Fermín Bouza
Sociólogo
 

Todos, en http://www.coordinadoraendl.org/orgullo/index.php
Congratúlanos ver a algún entrevistado en Certo, como o científico Carracedo, que entrevistou Tamara Peña en http://certo.es/index.php?page=angel_carracedo

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: cruz de hórreo e arado para compoñer "Terra galega "

Impresionante toma partillada no flickr de Tin_fotografía

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Poesía: vídeos e crónica da entrega de premios do XIV certame "Francisco Añón" en Outes

Toda a crónica, os premiados e máis vídeos, na entrada do blog do poeta de Noia Manuel Lopes Rodrigues: http://manuellrodrigues.blogspot.com/2010/05/xiv-certame-anon-de-poesia-outes...

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: Milagres, lembranzas e procesión no Cruceiro de Tores, por Paco do Martelo

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical