2.6.10

Dodro: Ricardo Franco denuncia con fotos no seu Facebook as pexas nas bestas

Esta práctica -prohibida e penada por lei- aínda segue a acontecer en varios montes de Barbanza e Noia. Non hai moito que o denunciaba o blog "Fotos de Rianxo" na zona de Monte Muralla (http://fotosderianxo.wordpress.com/2010/04/29/que-facemos-ante-un-maltrato-de... e en Certo xa nos fixemos eco de varios casos máis.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda anuncia o día en que acabará este mundo

Cinema: curtas de colexios destas bisbarras reciben premios e promocionan internacionalmente o turismo

Barbanza-Noia, 2 de xuño de 2010. No instituto ribeirense de Coroso xa comezan con producións internacionais e, de paso, difunden o noso patrimonio polo mundo adiante. En "The Orco Case" rodan nas dunas e no faro de Corrubedo, no dolmen de Axeitos, en Olveira, no peirao de Ribeira, con lonxa incluída e tamén no castro de Baroña. Son deudores, nos títulos de crédito, de películas de James Bond ou mesmo Os Anxos de Charlie e na estética dos personaxes poderíamos lembrar a Tarantino ou, se nos poñemos estupendos, aos Men in Black de Barry Sonnenfeld.
Mais, cal é o motivo desta película? Explicarlles a rapaces de Herne, en Alemania, como é Barbanza. Conseguírono? Miren vostedes mesmos o resultado:
</object>

The Orco Case conta cunhas tomas falsas divertidísimas (what a level, guys!)

</object>

Por outra banda, en Noia, no colexio María Asumpta, están a trunfar coa curta titulada "Paramnesia", unha realización de alumnos de cuarto da ESO (rapaces de 15 anos). Na Festa da Lingua que organizou a federación de colexios concertados foi nominada en cinco categorías e acadou o premio ao mellor guión e realización, así como unha mención honorífica pola mellor música orixinal. O argumento xoga co déjà vu, unha idea mil veces explotada no cinema -Memento é unha das máis celebradas nos últimos tempos- e na literatura. Se teñen dez minutos, non se perdan:
</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: este mércores, reinicio do Proxecto Corna de Adega entre A Pobra e Ribeira

Dentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente 2010, este mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o estado  de conservación desta área dunar e continuaremos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas, en 2008 e 2009 aniñaron 5 parellas nesta praia, 3 con pitos. Traballaremos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.

PROGRAramsescartaz.jpgMA
14:30 - Chegada. Xantar de confraternidade na praia.
16:00 - Presentación do Proxecto Corna: Fins Eirexas (xeólogo-ADEGA);  Miguel Conde (biólogo). Colocación de sinalización informativa, seguemento dos exemplares aniñantes e medidas para protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus).
17:00 - Eliminación de especies vexetais alóctonas e invasoras.
18:30 - Actividades complementares e tempo de lecer.
19:30 - Desprazamento a Coroso e sinalización da praia.
20:00 - Remate da actividade.
A loita contra as especies alóctonas e invasoras ten grande importancia para preservar os nosos hábitats naturais, particularmente os máis fráxiles como son as dunas. Na Corna non hai moita abundancia de plantas invasoras, mais sí unha variedade de especies foráneas que, pouco a pouco, van "collendo sitio". Nos anos pasados conseguimos erradicar unha importante mata de Carpobrotus (unlla de gato ou herba do coitelo) no lado E da praia. No contorno hai tamén algúns grupos de canas (Arundo donax) complicadas de eliminar pola dificultade de extraer completamente os rizomas e numerosos exemplares de Coniza canadiensis e Arctotheca calendula que aproveitaron a terra remexida ao instalar as pasarelas de acceso para establecerse, e que extraeremos sen maiores problemas.
postaCornaNestes dous anos de actuacións, a protección da píllara papuda deu os seus froitos: en 2008 detectamos tres niñadas na Corna, dúas das cais lograron sacar adiante os seus pitos; e en 2009 foron dúas as parellas que criaron. Para protexer as postas deste ano, repetiremos a sinalización informativa na zona de cría. O periodo reprodutivo vai de abril a agosto, e se hai niñadas máis adiante instalaremos unhas "gaiolas" metálicas para protexer as postas dos cans, corvos e gaivotas. Inspirámonos nos bos resultados do "Proxecto Píllara", que desenvolven os nosos compañeiros/as de ANABAM no Baixo Miño.
Como novidade, este ano desprazarémonos tamén á praia de Coroso, en Ribeira, na que localizamos varias parellas de píllara tentando criar, para sinalizar con cartaces as áreas de aniñamento e reclamar dos usuarios/as e do concello a colaboración para preservar esta especie ameazada. É especialmente importante evitar a limpeza mecánica destas áreas, xa que ademáis de eliminar unha importante fonte de nutrintes (os restos orgánicos que deitan as mareas), pódense derramar as postas, xa que esta especie aniña enriba mesmo da area. Dos usuarios/as pedimos que paseen pola parte máis cercana ao mar e que eviten deixar soltos aos seus cans mentres estén na praia. Nos cartaces que colocaremos hai unha serie de recomendacións e consellos para colaborar a preservar esta especie.
As actuacións da Corna contan co apoio da D. X. de Costas do Estado.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Espeleoloxía: centos de morcegos nos contemplan nas antigas minas de Barbanza

Crónica da expedición -a última, porque cada pouco baixan- dos rapaces de Axena en http://blogueiros.axena.org/2010/06/02/tarde-de-minas/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

1.6.10

Noia: a igrexa de San Martiño nun blog de turismo por Galicia

Iglesia San Martiño, Noia

Ordenada construir por el arzobispo Lope de Mendoza en el solar donde había una ermita a Santa María fue finalizada en el año 1434, en estilo ojival con un cierto aire románico en la ornamentación. Es de una nave y ábside pentagonal, coronado por almenas que le dan un cierto aire de fortaleza.



Segue en http://turismogalicia.blogspot.com/2010/06/iglesia-de-san-martino-de-noia.html

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: Galicia, como a ves? Concurso fotográfico de Turgalicia

Veña, foteiros das bisbarras de Noia e Barbanza! A ver se colgamos unha das fotos de gran formato nunha lona en Santiago durante xullo e agosto para que coñezan os nosos recunchos todos os que por alí pasen!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: a peña madridista "Amancio" de Ribeira organiza unha viaxe a Segovia

Terán que xuntar un mínimo de trinta soci@s

Ribeira, 1 de xuño de 2010. A peña do Real Madrid de Ribeira, chamada Amancio, ten prevista unha viaxe organizada a Segovia para a última fin de semana de xuño (sábado 26 e domingo 27 de xuño). A saída sería dende a estación de buses o sábado ás tres da madrugada (ou sexa, noite de venres a sábado) e regreso o domingo ás once da noite. Para inscribirse, os socios deben abonar a cota correspondente antes do 14 de xuño na entidade habitual (Caixanova). Máis información no 630 44 45 86. Prezo: 50 euros por persoa, se é soci@. Os non socios, 70 euros. Teñen preferencia os socios, por suposto.

Programa:

Sabado (26 de xuño 2010)

·     As 03:00 h. Saída dende a Estación de Autobuses de Ribeira (Noite do venres para o Sábado)

·     As 08:00 h. Desayunar cerca de Segovia (Área de Servicio). Gastos non incluídos

·     De 09:00 h a 14:00 h. Ruta turística por Segovia (Zona Vella, Catedral, Alcázar, Acueduto, La Granja...)

·     As 14:30 h. Comida de confraternidade coa Peña Madridistas de Villacastin

·     As 18:00 h. Partido de Fútbol Sala  (Categoria ALEVIN e INFANTIL)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

·     As 19:00 h. Partido de Fútbol Sala (FEMENINO)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

·     As 20:00 h. Partido de Fútbol (SENIOR)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

     As 22:30 h. CENA – BAILE (Hostal-Restaurante Buenos Aires II) coa Peña Madridista de Villacastin

     AMENIZADA POR UN GRUPO MUSICAL

     BARRA LIBRE

ALOXAMENTO NO HOSTAL BUENOS AIRES II

Domingo (27 de xuño 2010)

·     As 09:00 h. Desayunar no Restaurante

·     De 10:00 a 13:00 h. Libre (para visitar Villacastín)

·     As 13:30 Comida no Restaurante

·     As 15:00 h. Saída en dirección ÁVILA, facer unha pequena visita pola Cidade e xa con regreso para Ribeira

·     As 23:00 h (aprox), chegada a Ribeira

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Sanidade: os traballadores do Hospital da Barbanza continuarán aumentando a presión para que se dote de celadores o centro

Ribeira, 1 de xuño de 2010. "Seguimos pedindo os celadores, e non descartamos escribir á Directora Xeral do Sergas. Queremos un pronunciamento sobre o tema, de momento pese ás nosas presións, apoio dos partidos políticos da zona, usuarios, presentación de queixas ó Valedor do Pobo, que por certo nos dá a razón, prensa escrita, prensa en internet, etcétera, non se conseguiu polo de agora nada de nada", cóntannos os traballadores do Hospital da Barbanza que se concentraron o pasado 30 de maio na porta do centro. Seguirán mobilizándose ata que se acabe con esta discriminación e se cree a categoría de celador neste hospital e no de Cee (Virxe da Xunqueira, tamén comarcal). Levan case dous anos sen obter resposta por parte da administración, polo que o Comité de Empresa xunto cos traballadores decidiron continuar coa serie de concentracións. A da imaxe foi a segunda.

Dende o Comité de empresa estudan enviar escritos á Directora de Recursos Humanos do Sergas, que é quen ten a potestade de dotar ó centro de celadores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o domingo 6 de xuño, exhibición de alumnos da Escola Municipal de Ballet

Ribeira, 1 de xuño de 2010. O Auditorio Municipal de Ribeira acubillará este próximo domingo, dende as seis da tarde, a xa tradicional Actuación de Fin de Curso da Escola Municipal de Ballet, na que actuarán un total de tres grupos de bailaríns con idades comprendidas entre 4 e 17 anos. 

O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de Cultura e Festexos de Ribeira, Luciano Fernández, e pola profesora de ballet clásico da Escola Municipal, Cristina Riveiro, quen exercerá de directora artística do festival. Segundo informou esta última, no repertorio figurarán pezas de Gottschalk (un autor moi próximo aos ritmos caribeños), de Helsted, Paulli e Gade, e dos clásicos Strauss e Tchaikovsky. Tamén incluiranse dúas obras de Philip Sousa e de Sting/Cheb Mami, que levan por título “Estrellas” e “Rosa Desértica”, respectivamente. 

Tanto Luciano Fernández como Cristina Riveiro quixeron destacar a dedicación e o esforzo de que fixeron gala os alumnos dende o inicio do curso, cuxos froitos poderán comprobar os asistentes ao espectáculo montado. Asemade, lembraron que as entradas para asistir á actuación son gratuítas e recomendaron retirar as mesmas media hora antes do inicio da función.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical