21.7.10

Porto do Son: a Feira Castrexa celébrase do 23 ao 25 de xullo. Programa

Download now or preview on posterous
Feira Castrexa.pdf (214 KB)

Web oficial: http://castrexa.webcindario.com

Antes publicamos:


23, 24 e 25 de xullo: de mercado celta a feira castrexa


Relacionada (pola programación, de castrexo só hai conferencias, o resto é unha feira medieval ao uso)

Noia: precisa a feira medieval un novo enfoque?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os veciños de Neixón teñen programada una visita á Lanzada o vindeiro domingo 1 de agosto

Os excursionistas estarán nas escavacións do castro de A Lanzada

Boiro, 21 de xullo de 2010. A asociación de veciños de Neixón (Cespón) programou para o domingo 1 de agosto a realización dunha excursión á península do Grove co seguinte programa:

Mañá: visita guiada á escavación do castro de A Lanzada,á ermida e á torre

Mediodía: tempo libre en San Vicente do Mar

Tarde: ruta en catamarán pola ría de Arousa "Panorámicas submarinas".

O ciclo de charlas vai comenzar o 30 de xullo cunha intervención do arqueólogo Xurxo Ayán, investigador do CSIC-LAPA, sobre as escavacións do castro da Lanzada. A entrada á charla é libre e gratuita.

A excursión ten un coste de 15€ para socios e 20€ para non socios.

Máis información no móbil 628378866 ou no correo electrónico vecinosdecespon@hotmail.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: xoves 5 e venres 6 de agosto, cúpula na Alameda para divulgar a ciencia entre a infancia e xuventude


Noia, 21 de xullo de 2010. No mes de agosto, en concreto o xoves 5 e o venres 6 de agosto, o espazo da Alameda noiesa contará cunha cúpula para divulgar a ciencia entre os máis mozos do municipio. A cúpula "Caixanova na Rúa" é unha actividade promovida por esta entidade bancaria na que se realizan obradoiros de ciencia para os nenos.

Cúpula que conxuga ciencia con entretemento


A cúpula inchable foi deseñada polo catalán Quim Guixá e consta dun casquete esférico de dobre cámara duns seis metros de diámetro de onde parten simetricamente doce cuartos de arco que repousan sobre un toroide que fai de base. Non ten estrutura interior, mais unha vez inchada totalmente, transfórmase nun edificio sen columnas que é capaz de resistir en cada metro lineal de tela ata tres toneladas de peso.

Os obradoiros transcorren baixo o lema "Ciencia ou maxia?" e afondan en determinados experimentos que, aos ollos dos legos, poderían parecer maxia pero teñen unha explicación científica acaída.

Entre outras cousas que se poderán ver na cúpula está unha luva interactiva para controlar xogos, o mando da wii non só para xogar; exemplos de realidade aumentada; un piano máxico; varios experimentos visuais con webcams; control de computadoras e outros dispositivos mediante ondas cerebrais, o mindflex (elevar unha boliña co poder da mente) e o neuroskymindset, que converte a imaxes as reaccións da nosa cachola ao escoitar música ou xogar con algún video xogo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 24 de xullo ponse en marcha o novo roteiro turístico á calzada romana de Vitres

Boiro, 21 de xullo de 2010. O alcalde de Boiro, Xosé Deira, presentou xunto co concelleiro de Urbanismo, Xoán León Vidal, o "novo" roteiro turístico "Castelo Vitres", que vai ser inaugurado oficialmente este vindeiro sábado 24 de xullo ás cinco e media da tarde. O punto de saída é a praza do Concello e voltarase ao pavillón de praia Xardín.


A asociación 'O Faiado 2' fixo este roteiro para os seus socios o ano pasado

O novo roteiro conta cunha subvención de 123.000 euros que aportaron a Deputación de A Coruña e Agader. Está conformado por doce quilómetros e pasa por Brazos, continúa polos pasais do río Coroño e transcorre pola aldea de Runs, de onde se gabea ao río Acevedro. Logo en Porto do Barco sáese deste río e encamíñanse aos outeiros de Mosquete, onde está situado o comezo desta calzada romana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.7.10

A Pobra: crónica da presentación de "Tiempos de vela"

O libro, que repasa tres séculos de historia marítima das rías de Arousa e Muros-Noia, foi presentado na Pobra polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda
A Deputación da Coruña edita o libro "Tiempos de vela", de Ramiro Villoch
20/07/2010
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, participaron, na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” da Pobra do Caramiñal, no acto de presentación do libro “Tiempos de vela”, editado pola institución provincial. 
O acto contou tamén coa asistencia da deputada provincial Rosana Pérez, do autor da publicación, Ramiro Villoch Herrera, de concelleiros da localidade, e numeroso público, entre os que había representantes do eido social, asociativo e cultural da vila pobrenese. 
Nas súas máis de 200 páxinas, “Tiempos de vela” repasa tres séculos de historia marítima nas rías de Arousa e Muros-Noia e afonda na historia dos armadores e “fomentadores” cataláns que alí se asentaron, e que deron orixe á unha importante industria pesqueira e de salgadura de peixe que contribuíu decisivamente ao desenvolvemento socio-económico da zona. 
Fernández Moreda gabou “o excelente traballo de investigación realizado polo autor” durante máis dunha década, que deu como resultado “este magnífico ensaio no que se nos desvelan algunhas claves da estreita vinculación histórica e económica desta comarca co mar, e coa industria da salgadura implantada nestas terras por cataláns emprendedores e visionarios, que permitiu unha mellor conservación do peixe, facilitando o seu transporte e distribución a sitios cada vez máis lonxanos, o que supuxo unha auténtica revolución comercial en todo o litoral galego”. 
Para o presidente da Deputación da Coruña, o libro “ten un indubidable valor histórico e antropolóxico, pois recupera documentos e testemuñas de gran valor, que corrían o risco de perderse para sempre no esquecemento se Ramiro Villoch non dedicara os seus esforzos a compilalos nesta publicación, froito de máis de dez anos de traballo”, motivo polo que a institución provincial “decidiu poñer en marcha este proxecto editorial para promover un mellor coñecemento da historia da Pobra do Caramiñal e de toda esta comarca, e dun sector que conta, aínda hoxe, cun gran peso específico na economía galega”.  
Fernández Moreda, que aludiu ás súas orixes mariñeiras como neto de conserveiros, felicitou tamén aos responsables da imprenta provincial “polo gran esmero depositado na edición deste libro”, magnificamente ilustrado con reproducións de antigos documentos das casas armadoras,  e con fotografías, realizadas tamén por Ramiro Villoch, das obras que os “retratistas” de barcos da época plasmaron nos seus lenzos, e que supuxeron “o xerme e a inspiración” deste traballo de investigación, segundo apuntou o autor do libro. 
Precisamente, estas fotografías de Ramiro Villoch expóñense ao público na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler”, do municipio pobrense, que acolleu a presentación da publicación. 
O autor do libro, Ramiro Villoch, agradeceu o apoio editorial da Deputación da Coruña “e de todos os que colaboraron no libro”, e afirmou que con esta publicación quixo facer “un recoñecemento aos protagonistas desta historia”, en referencia ás xentes do mar. 
Pola súa banda, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, destacou o bo facer de Ramiro Villoch como médico de cabeceira da localidade durante máis de corenta anos e subliñou algúns dos aspectos históricos tratados no libro e relacionados coa vila como os antigos estaleiros do Areal ou a tradición dos xigantes e cabezudos, que os cataláns trouxeron á Pobra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Xunta di que a variante adxudicada hai uns días é tres veces máis barata que a que quería o Bipartito

O contrato da variante de Noia foi adxudicado á oferta mais vantaxosa segundo os baremos técnicos e económicos estipulados no prego de contratación ao que todo o mundo pode acceder, xa que é público, ao igual que a baremación e as puntuacións obtidas polas empresas


Noia, 19 de xullo de 2010.- Nunha dura nota de prensa, máis propia dun partido que dun equipo de goberno, a Xunta de Galicia resposta a informacións xornalísticas aparecidas estes días sobre que a variante de Noia adxudicada foi concedida á empresa coa segunda oferta máis cara, unha firma industrial na que ademais traballara o actual conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Como adoitamos neste xornal, replicámoslles a nota de prensa íntegra:

  "O contrato da variante de Noia foi adxudicado á oferta mais vantaxosa segundo os baremos técnicos e económicos estipulados no prego de contratación ao que todo o mundo pode acceder, xa que é público, ao igual que a baremación e as puntuacións obtidas polas empresas.

Do total de 20 ofertas presentadas, un total de 9 estaban en baixa temeraria. A primeira oferta non temeraria era de 31,98 millóns de euros. Adxudicouse á oferta de 32,9 millóns de euros (920.000 euros mais cara) polo peso que proposta técnica, claramente mellor, tivo na puntuación final.

Por outra banda, cabe lembrar tamén que a variante de Noia polo interior que tiña previsto facer o bipartito, e que non foi capaz de iniciar, tiña un custe de 80 millóns de euros, polo que a actuación que vai a levar a cabo o actual Goberno implica un aforro de 47 millóns de euros para as arcas autonómicas con respecto ao que pretendía facer o bipartito.

Pese á demagoxia e os atrancos do principal partido da oposición, a Xunta vai facer unha auténtica variante de Noia: máis vertebradora, cun trazado mais curto, con menor impacto ambiental e, ademais, en menos tempo e por menos da metade de prezo do que pretendía facer o anterior goberno".

Antes publicamos:

A Consellería de Medio Ambiente adxudica definitivamente as obras da variante de Noia para comezar a súa execución nas vindeiras semanas


Segundo imaxe virtual da Xunta, así quedará a ponte sobre a Ría, aínda sen rexenerar nin xeito nun futuro cercano

    O importe de licitación incrementouse en 2,5 millóns de euros respecto ao reflectido no estudo informativo, coa finalidade de incorporar medidas ambientais e construtivas que minimicen o impacto na ría. Con estas medidas queda garantida a non afección ás explotacións marisqueiras, di a Xunta


   Noia, 16 de xullo de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou definitivamente as obras da Variante de Noia, para deste xeito comezar a súa execución nas vindeiras semanas. O departamento que dirixe Agustín Hernández adxudicou este contrato de obra pública por un importe de máis de 38 millóns de euros (38.254.451) á empresa Puentes y Calzadas Infraestruturas, S.L.U.

   A alternativa da ría ten unha lonxitude de 4.857 metros e unha anchura de máis de 10 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil de 2,5 metros de ancho, que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña. A variante parte do núcleo de Taramancos, onde se separa da AC-550 e se da prioridade á nova vía. Unha vez superado o enlace, o trazado discorre ao norte do núcleo e presenta un paso superior sobre a variante para restituír un camiño de conexión entre a costa e Taramancos.
   A continuación sitúase o semienlace de Punta Rebordiño, que permite o acceso e saída dos vehículos da zona do Testal co norte de Noia. O trazado continúa coa ponte sobre a ría, cunha lonxitude de 1.470 metros, que salva ademais a estrada de acceso ao Testal. Por outro lado, o desembarco da estrutura na zona nordés de Noia pasará por riba da actual rede viaria existente nesta zona.


22 minutos por estrada entre Noia e Santiago, obxectivo final da variante

    A variante xira cara ao nordés evitando, mediante un viaduto, a zona de aparcadoiro do centro comercial existente neste núcleo e unha rúa próxima. No final do trazado, construirase un enlace tipo glorieta baixo a estrada, que servirá de conexión coa C-550. A obra mellorará as comunicacións entre Porto do Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros, e entre Porto do Son e Santiago, reducindo en 4 quilómetros a distancia actual.
    O obxectivo final é que as comunicacións entre Noia e Santiago se reduzan ata os 22 minutos, o que supón unha mellora no tempo de percorrido dun 37% fronte aos 35 minutos que agora son necesarios. Optimizaranse as conexións das dúas marxes da ría. Tanto a variante de Noia como os novos viais de conexión con Santiago e Muros transformarán o mapa viario de Noia e a súa comarca, beneficiando dun xeito especial aos máis de 40.000 habitantes de Noia, Outes, Muros e Porto do Son.

Inicio da adxudicación

   O inicio dos trámites para a adxudicación desta obra comezou a finais de xaneiro coa publicación do anuncio –no Diario Oficial de Galicia- de licitación das obras da Variante de Noia. Cómpre sinalar que este paso foi unha proba do cumprimento do actual Goberno, xa que o compromiso adquirido coa sociedade era licitar as obras desta infraestrutura nos mes de xaneiro de 2010.
   O importe de licitación incrementouse en 2,5 millóns de euros respecto ao reflectido no estudo informativo, coa finalidade de incorporar medidas ambientais e construtivas que minimicen o impacto na ría. Ademais, a Xunta de Galicia sacou a contratación unha asistencia técnica específica para o control ambiental da Variante de Noia. Con estas medidas queda garantida a non afección ás explotacións marisqueiras da ría.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: terá a Feira Medieval de 2011 maiores elementos identitarios da vila, ou seguirá a ser unha franquicia?


Noia, 20 de xullo de 2010. Rematou unha nova edición da Feira Medieval de Noia. Foron tres días nos que non pararon as actuacións, houbo os postos do mercado medieval acostumados -cun lixeiro incremento- e noieses e visitantes ateigaron as rúas disfrazados ao xeito medieval ou de paisanos do século XXI que pasaban por alí. Mais na Rede hai varias voces que se pronuncian, un ano máis, sobre a "estandarización" deste tipo de feiras, que traducido ao román paladino poderiamos dicir que "vista unha, vistas todas". Ou o que é o mesmo: o que vemos en Noia logo podémolo ver en Padrón, Pontedeume ou Betanzos.


Noia? Non, Lugo

O flickeiro Isidro Cea sinala nunha das súas imaxes da Feira:
"Pero a ver cuando en Galicia nos montamos una feira medieval galega y no una organizada por una empresa castellana. Que Noia, o Betanzos, o Compostela, o Ribadavia, o las 30 poblaciones de Galicia con feira medieval no tienen la misma idiosincrasia que Arévalo, Villanueva de los Infantes o Cuernavaca. Y no es por menospreciar, sino por darle a cada lugar su propia particularidad".


Pode que haxa que centrarse máis no asunto "Portus Apostoli" e mesmo refacer un hospital de peregrinos

Un comentario similar fíxoo tamén o mesmo alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, no seu facebook ao valorar esta edición da feira (que xa é a XIII):

"Obxectivos cumpridos. Moita asistencia de xente, moito consumo e incidentes mínimos. Pero non se pode caer na autocomplacencia: priorizamos a asistencia e o consumo e acadouse pero calidade bastante baixa, postos pouco axeitados, detalles descoidados, erros pequenos que pasan desapercibidos pero que hai que evitar en próximas edicións. Debemos introducir máis elementos identitarios da vila e da súa historia".


Deixar sen cobertura como na Idade Media a algúns cabaleiros tamén podería ser unha idea. De movistar a medievostar, ou déixeo estar

No fío de comentarios que se iniciaron, Mariló Vélez retruca concordando con argumentos:
"Imaxino que encargaredes a empresas especializadas. A min encántame a feira, pero non é bo que se desvirtúe tanto. Na primeira ou segunda feira, cando me tocou ir de palilleira, a cousa era tan estricta que non se nos deixou levar alfinetes con cabeza de plástico, e tivemos que achantar cos de ferro, que doen os dedos que non vexas. Onte vin postos con Bob Esponja e Hello Kitty. Cando decidín facer un tour fotográfico de aberracións, sáeme unha tipa dun posto de manualidades con fimo (material medieval onde os haxa) a dicirme que non lle sacara fotos. Non sei se pensaba que lle ía copiar os deseños ou que, pero bueno. A metade dos postos eran totalmente anacrónicos: patacas, chocolate, feltro, en fin. Xa sabes a que me refiro. Creo que hai que dar un xiro a isto".


Se o asunto se pon moi estricto, o balandro Vieta non podería participar na Feira medieval (é de 1916)

O alcalde replica:
"Comparto a túa opinión totalmente Mariló. Pero o obxectivo nesta edición era claro: o consumo e a asistencia. Houbo uns poucos detalles interesantes na actuación da xente do IES Virxe do Mar e o desembarco: o resto, o de sempre".

E engade:

"Pero reconducilo é bastante doado: encargar algunha recreación histórica a grupos de teatro de Noia, introducir música de grupos locais, mellorar o desembarco, e contratar máis obradoiros de artesanos. Clasificar a rúas por temas: comida, artesanía, xogos, e coidar máis os detalles... Non é algo insalvable, non así o Paris-Dakar, que me parece máis complexo a pesar das tentantivas feitas".


O pasado medieval de Noia deixou moitas pegadas. Pero a maioría non están aproveitadas ou mesmo a algúns moléstanlle (cada vez que aflora a muralla medieval a algún empresario vaille mal)

Ideas hainas. Propósitos, veremos. Talento para facelo en Noia non escasea. Mais para o ano: quen e como fará a Feira Medieval? As eleccións de maio de 2011 nolo respostarán.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Motor: a concentración moteira de Boiro espállase toda a semana, cos días fortes do 23 ao 25 de xullo

19.7.10

Dodro: o II Festival Internacinal de Folk acubillou bailes de Rusia, Arxentina e Galicia


Dodro, 19 de xullo de 2010. A Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Franco vén de celebrar no Campo do Bosque o pasado 14 de xullo unha nova edición, a segunda, do Festival Internacional de Folk. Se na primeira edición os países representados eran Bulgaria, México e Galiza, nesta ocasión foron Rusia, Arxentina e Galiza.

Comezou o concerto ás 22:30 h. coa actuación de danza a cargo do grupo Cero Cero 54, que ofreceron ao público a gran variedade de bailes tradicionais da Arxentina, comezando, cómo non, co tango e a milonga.

A continuación foi o turno de Bellón Maceiras Quinteto, grupo de Fene que xa ten publicados dous traballos. A súa música, folkfusión instrumental levou ao público da Arxentina a Galiza e daquí a Rusia.

E comezaron os rusos máis tarde do previsto nunha noite fría, pero conseguiron arrincar o maior interese e os meirandes aplausos de toda a noite. O grupo FOLK DANCE ENSEMBLE IRISTON orixinario de OSSETIA DO NORTE (Rusia) realizou uns bailes cheos de enerxía e de espectacularidade que fixeron as delicias do público.

O festival rematou aproximadamente ás dúas da madrugada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: xa están en Youtube varios vídeos das Festas do Carme de Cabo de Cruz

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical