Irina Kazimirskaia e Los Trovadores de Logroño. Máis información aquí Noia, 6 de outubro de 2010. Este venres, 8 de outubro, Noia acolle un dos recitais do XXI Festival Internacional de Música de Pulso e Púa "Cidade de Cristal". Actuará Irina Kazimirskaia e Los Trovadores de Logroño. Terá lugar ás oito e media da tarde no Coliseo Noela, con asistencia libre e gratuita. Un total de trece concellos da provincia da Coruña acollen este ano o ciclo de concertos da vixésimo primeira edición do Festival Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de Cristal”, unha iniciativa que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Os concertos celébranse entre o 6 e o 10 de outubro na Coruña, Betanzos, Carballo, Culleredo, Pontedeume, Cambre, Cee, Oleiros, Noia, Arzúa, Bergondo, Negreira e Sada. A Deputación da Coruña apostou nestes últimos anos pola potenciación deste festival, que nun principio circunscribíase unicamente á cidade da Coruña e que agora esténdese a numerosos concellos da provincia. Nos seus 21 anos de historia, o Festival Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de Cristal” trouxo á provincia coruñesa a agrupacións musicais de numerosos países do mundo, fomentando o intercambio cultural entre os pobos e simbolizando a universalidade da linguaxe musical. Por se quere e pode asistir a algún dos outros concertos, ademais do de Noia, a programación completa é a seguinte:
Jam session night – trae o teu instrumentoSporting Club Casino da Coruña
23,00 horas
A CoruñaTrío Colombita de Bogotá (Colombia)Praza de Azcárraga
12,00 horas
BetanzosReco do Bandolim & Choro Livre de Brasilia (Brasil)Auditorio Municipal de Cultura
20,30 horas
CarballoTrío Colombita de Bogotá (Colombia)
Pazo da Cultura
20,30 horas
CulleredoDúo Fabio Gallucci & Antonio Pilato de Ischia – Nápoles (Italia)Igrexa Santiago do Burgo
20,30 horas
PontedeumeIrina Kazimirskaia & Los Trovadores de Logroño ( España)
Casa da Cultura
20,30 horas
Cambre Dúo Fabio Gallucci & Antonio Pilato de Ischia – Nápoles (Italia)Igrexa de Santa María de Cambre
20,30 horas
CeeTrío Colombita de Bogotá (Colombia)Salón de Actos do Concello
20,00 horas
OleirosReco do Bandolim & Choro Livre de Brasilia (Brasil)Auditorio C.C. A Fábrica en Perillo20,30 horas
NoiaIrina Kazimirskaia & Los Trovadores de Logroño ( España) Auditorio - Coliseo Noela
20,30 horas
A CoruñaIrina Kazimirskaia & Los Trovadores de Logroño ( España)
Praza das Bárbaras
12,00 horas
ArzúaTrío Colombita de Bogotá (Colombia)
Capela da Madalena
20,00 horas
BergondoDúo Fabio Gallucci & Antonio Pilato de Ischia – Nápoles (Italia)
Mosteiro de Bergondo
19,00 horas
NegreiraIrina Kazimirskaia & Los Trovadores de Logroño ( España)
Capela do Cotón
21,00 horas
SadaReco do Bandolim & Choro Livre de Brasilia ( Brasil)
Casa da Cultura
20,00 horas
ACTO DE CLAUSURA
A CoruñaDúo Fabio Gallucci & Antonio Pilato de Ischia – Nápoles (Italia)Trío Colombita de Bogotá (Colombia) Reco do Bandolim & Choro Livre de Brasilia ( Brasil)Irina Kazimirskaia & Los Trovadores de Logroño ( España)Orquestra de Alumnos da Agrupación Musical AlbénizOrquestra da Agrupación Musical Albéniz da Coruña- Grupo de voces Millenium Actuación final conxunta da Orquestra da Agrupación Musical Albéniz e os grupos do festival
Teatro Rosalía de Castro
12,00 horas
A CoruñaReco do Bandolim & Choro Livre de Brasilia ( Brasil)
Sporting Club Casino da Coruña
20,00 horasRelacionada:

Cultura: programación de outubro en Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia















1.-


"Mar": a nova creación de SonCine estreouse na Mostra de Curtas "Vila de Noia" e agora podedes vela 

Rois, 5 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, esta tarde, o compromiso co avance e a modernización das infraestruturas e situou a posta en servizo do treito Brión-Martelo da Vía de Altas Prestacións Brión-Martelo-Noia, como “unha realidade” dentro do compromiso da Xunta de poñer en servizo máis de 150 quilómetros de vías de altas prestacións ata 2013. “A posta en servizo deste primeiro tramo do corredor entre Brión e Noia –dixo- é unha proba evidente de que seguimos traballando, por moitas que sexan as dificultades, e seguimos avanzando, decididos a que a recuperación económica nos atope nas mellores condicións para continuar crecendo”. No tocante ao treito, Feijóo destacou que esta nova infraestrutura dálle continuidade a un proxecto de mellora integral das comunicacións de todo o ámbito da ría de Muros e Noia cara ao centro de Galicia. E engadiu que “lograda a conexión entre Santiago e Noia seguiremos coa mellora viaria en todo o ámbito da ría rematando dúas actuacións nas que se vén traballando con intensidade nos últimos meses e que son decisivas para favorecer o tránsito polas súas marxes: a variante de Noia e a variante de Outes”.




