A mostra procede do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A mostra procede do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 23 de outubro de 2010. O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, inauguraron onte o novo campo de fútbol de herba artificial de A Lomba e a área recreativa anexa, nos que a institución provincial investiu máis de 850.000 euros. No discurso inaugural, Pedro Piñeiro louvou a colaboración económica da Deputación de A Coruña para facer realidade varios proxectos en Rianxo. “Se colocáramos nun plano de Rianxo unha bandeiriña en cada actuación que fai aquí a Deputación, cubriríamos o plano de bandeiras ondeando”, dixo o alcalde rianxeiro, quen foi enumerando as principais inversións deportivas da institución provincial nos últimos anos (sete pistas descubertas, dous pavillóns polideportivos, piscina municipal e campo de fútbol de Asados, recentemente inaugurado). Pedro Piñeiro sinalou que todas estas inversións “son feitos, non promesas, que falan do interese da Deputación pola promoción do deporte”. Fernández Moreda agradeceu a benvida dos veciños e representantes dos clubs alí presentes e afirmou que a súa visita responde a que “gústame ver que os cartos foron ben empregados e que as obras que facemos contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas”.
O presidente da Deputación lembrou a súa condición de concelleiro honorario de Rianxo, repasou as inversións que, en materia de deportes, fixo a Deputación na localidade. “O que facemos aquí en Rianxo, facémolo nos 94 concellos da provincia, porque nós non facemos distincións políticas”, subliñou Fernández Moreda. Presidente da Deputación e alcalde visitaron tamén a área recreativa anexa ao campo de fútbol, que costou 352.000 euros e conta con cancha de baloncesto, pista de skate, circuito de footing, mobiliario urbano (bancos, papeleiras, fontes), e unha zona de barbacoas, e na que proximamente se instalará un parque biosaludable para que as personas maiores poidan realizar exercicio físico.
Louvou aos autores por un traballo “serio e ben documentado, que non é doado de escribir, porque case non hai fontes documentais. As fontes son as propias persoas e as que viviron aquela época van desaparecendo”. Segundo Salvador Fernández Moreda, no libro “non se cualifican conductas, se describen os feitos, e sen pon na historia a persoas de Rianxo e familias enteiras que foron vítimas da represión” durante a Guerra Civil. “Un libro como éste faría falta en todos os concellos de Galicia. Non para buscar venganzas ou revanchas, senón para coñecer a nosa propia historia e para evitar que feitos como éstes volvan a suceder”, sentenciou. Os autores agradeceron o apoio e financiación da Deputación para editar esta obra de investigación histórica e dos veciños de Rianxo, “moitos dos cales xa non están”, pola súa colaboración e testemuñas arredor duns feitos “moitas veces difíciles de lembrar”, xa que a maioría dos documentos da época desapareceron dos arquivos municipais. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Retornos: a película do noiés Luís Avilés compite na Seminci de Valladolid e estréase o 29 de outubro en toda España. Máis
Noia: a primeira longametraxe de Luís Avilés Baquero, "Retornos", seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Montreal. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Beatriz Mato visitou Amicos, en Ribeira, o pasado mes de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Vixésimo aniversario de Renacer
22-10-2010
A Asociación Antidroga Renacer cumpre este ano 2010 o seu vixésimo aniversario (1990–2010), traballando no campo da prevención das drogodependencias e na inserción social dos afectados/as.
Para conmemorar os vinte anos de traballo vamos a organizar diversos actos, entre os que destaca a cea benéfica o vindeiro día doce de novembro.
A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, as dez da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais.
Invitamos á poboación a participar neste acto e a colaborar connosco. Para elo, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, si se trata dun comercio doar algún articulo para o sorteo.
Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar.
Un pouco de historia:
A Asociación Renacer constituíuse o 23 de xullo de 1990 a proposta de grupo de nais e persoas interesadas en dar unha resposta ao grave problema sanitario e social do consumo de drogas que naqueles momentos había no noso concello e estaba centrado principalmente na heroína.
En torno a 1990 as drogas eran un dos problemas que máis preocupaban aos cidadáns. O consumo destas sustancias asociábase a marxinación, delincuencia e morte. Ademais, a aparición da SIDA e a súa propagación entre persoas consumidoras de heroína veu complicar unha situación que ocasionou estragos en parte da mocidade daquela época. A sociedade reclamaba medidas urxentes para atallar o problema, así como un sistema de atención sanitaria e rehabilitación social para estas persoas. Estas inquietudes estiveron presentes na orixe da Asociación Antidroga Renacer.
Hoxe, vinte anos despois, a heroína foi substituída por outras sustancias igualmente nocivas para a saúde. Ademais, ha ir diminuíndo neste tempo a percepción do risco que comporta o consumo de drogas, especialmente entre os máis novos, o que obrigou a buscar novas fórmulas para afrontar o problema.
Todos estes asuntos formaron parte da axenda de traballo da nosa entidade no seu vinte anos de existencia, nos que ha actuouse tanto en aspectos de prevención como de reinserción social dos drogodependentes.
Na actualidade a Asociación conta con diversos programas centrados na prevención do consumo de drogas na escola, información-formación, escolas de pais-nais, prevención e asesoramento do VIH/SIDA e atención xurídico-social ao drogodependente.
NOTA:
O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Caixa Galicia: 2091-0385-52-3040001082. Ref. Cea Benéfica.
Para doazóns pódense poñer en contacto connosco ou ben, chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 22 de outubro de 2010. As obras para levar a cabo o proxecto de “SANEAMENTO NA RIBEIRIÑA – FASE II” foron adxudicadas á empresa FERORSA de Ferrol e comezarán ao longo da vindeira semana, informou hoxe o Concello. O equipo de goberno da Pobra do Caramiñal di sentirse "moi satisfeito de que a Xunta de Galicia, e máis concretamente a Consellería de Medio Ambiente – Augas de Galicia vaia a levar a cabo este proxecto, o “SANEAMENTO NA RIBEIRIÑA – FASE II” que contará cun orzamento de 676.312,93 euros". O obxeto deste proxeto é a definición das atuacións necesarias para a dotación de servizos nos núcleos da Ribeiriña e Conchido que inclúe a construción da rede xeral de colectores. Preténdese completar o saneamento do núcleo da Ribeiriña, recollendo tamén as augas fecais do Conchido, para xuntalas coas recollidas na primeira fase xa executada e, posteriormente, levalas á rede municipal de colectores existente. Trátase dunha rede de conducións por gravidade, na que é necesaria a construción dunha estación de bombeo co seu respectivo tramo de impulsión que leve as augas residuais ata a rede existente. As obras de saneamento consistirán principalmente na recollida de augas residuais, pero de xeito separativo para fecais e pluviais, para transportalas mediante colectores e impulsión ata o colector construído na primeira fase. As tubarias de impulsión realizaranse en PEAD PN-10 de 90 mm de diámetro, a rede de saneamento en PVC SN-8 corrugado de 315 mm e 2.109 metros de lonxitude e os colectores de recollida de pluviais tamén en PVC SN-8 corrugado de 315 mm e 807 metros de longo. O pozo de bombeo executarase en formigón armado de 2,4x5 metros de planta e cunha profundidade de 3,25 metros. Incluirá cámara de chaves, aliviadeiro e cestón de grosos. A vertedura do mesmo realizarase mediante tubaria de PVC de 315 mm. Todas as instalacións van soterradas en zanxa, con recheo de material procedente da escavación, repoñendo o pavimento que resulte afectado ou derrubado na execución das obras. Segundo o goberno do PP, "con esta obra dámoslle un pulo importante ás nosas infraestruturas achegándonos á consecución do saneamento integral no noso concello e por riba de todo na zona da Ribeiriña e do Conchido, beneficiando aos seus veciños e que era un dos obxectivos fixados por este equipo de goberno e considerado como esencial xa que incide no benestar e na mellora da calidade de vida de todos nós". Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia