Barbanza-Noia, 24 de outubro de 2010. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, fixo unha valoración das cifras autonómicas para o sector pesqueiro galego. Denunciou que con estes orzamentos "a Xunta de Galicia acaba de certifica a súa falla de compromiso coa pesca de Galicia e o nulo peso político que Rosa Quintana ten no conxunto do executivo galego". A portavoz de Pesca advirte, coa súa interpretación das cifras na man, que "a Consellería do Mar engana ao conxunto do sector cando, de maneira demagóxica, anima a recuperar a ilusión polo mar e a retornar a unha profesión con futuro mentres se constata unha perda do 26% con respecto a 2009, e de case o 18% en relación cos orzamentos de 2010".
A maiores denuncia tamén unha reducción dos orzamentos de Portos de Galicia en infraestructuras vitais para o desenvolvemento da flota e dos servizos portuarios, nunha porcentaxe do 51%. Pero sen embargo advirte que a Consellería do Mar acomete a construcción dunha goleta histórica que vai a supoñer mais de 1,8 millóns de euros e un gasto de mantemento anual de mais de medio millón mais. Así as cousas a deputada socialista cualificou como un “insulto a intelixencia” xustificar este investimento suntuoso cando se acometen recortes vitais para o conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro en aras a austeridade. Neste mesmo sentido lembrou que a austeridade non existiu, tampouco, para mercar un vehículo novo para uso da propia conselleira.
Soneira asevera que con estes orzamentos desmantélanse programas vitais para o futuro do sector. E puxo exemplos de partidas como a investigación que se reduce nun 28,73%, a divulgación da tecnoloxía pesqueira que baixa un 56,44%, o fomento da acuicultura que se reduce nun 11,55%, ou a promoción das nosas produccións pesqueiras que se reduce o programa un 9,23%.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia












Rianxo, 23 de outubro de 2010. O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, inauguraron onte o novo campo de fútbol de herba artificial de A Lomba e a área recreativa anexa, nos que a institución provincial investiu máis de 850.000 euros. No discurso inaugural, Pedro Piñeiro louvou a colaboración económica da Deputación de A Coruña para facer realidade varios proxectos en Rianxo. “Se colocáramos nun plano de Rianxo unha bandeiriña en cada actuación que fai aquí a Deputación, cubriríamos o plano de bandeiras ondeando”, dixo o alcalde rianxeiro, quen foi enumerando as principais inversións deportivas da institución provincial nos últimos anos (sete pistas descubertas, dous pavillóns polideportivos, piscina municipal e campo de fútbol de Asados, recentemente inaugurado). Pedro Piñeiro sinalou que todas estas inversións “son feitos, non promesas, que falan do interese da Deputación pola promoción do deporte”. Fernández Moreda agradeceu a benvida dos veciños e representantes dos clubs alí presentes e afirmou que a súa visita responde a que “gústame ver que os cartos foron ben empregados e que as obras que facemos contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas”.
O presidente da Deputación lembrou a súa condición de concelleiro honorario de Rianxo, repasou as inversións que, en materia de deportes, fixo a Deputación na localidade. “O que facemos aquí en Rianxo, facémolo nos 94 concellos da provincia, porque nós non facemos distincións políticas”, subliñou Fernández Moreda. Presidente da Deputación e alcalde visitaron tamén a área recreativa anexa ao campo de fútbol, que costou 352.000 euros e conta con cancha de baloncesto, pista de skate, circuito de footing, mobiliario urbano (bancos, papeleiras, fontes), e unha zona de barbacoas, e na que proximamente se instalará un parque biosaludable para que as personas maiores poidan realizar exercicio físico.
Louvou aos autores por un traballo “serio e ben documentado, que non é doado de escribir, porque case non hai fontes documentais. As fontes son as propias persoas e as que viviron aquela época van desaparecendo”. Segundo Salvador Fernández Moreda, no libro “non se cualifican conductas, se describen os feitos, e sen pon na historia a persoas de Rianxo e familias enteiras que foron vítimas da represión” durante a Guerra Civil. “Un libro como éste faría falta en todos os concellos de Galicia. Non para buscar venganzas ou revanchas, senón para coñecer a nosa propia historia e para evitar que feitos como éstes volvan a suceder”, sentenciou. Os autores agradeceron o apoio e financiación da Deputación para editar esta obra de investigación histórica e dos veciños de Rianxo, “moitos dos cales xa non están”, pola súa colaboración e testemuñas arredor duns feitos “moitas veces difíciles de lembrar”, xa que a maioría dos documentos da época desapareceron dos arquivos municipais.

Retornos: a película do noiés Luís Avilés compite na Seminci de Valladolid e estréase o 29 de outubro en toda España. 




