A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira afirmou que os recursos destinados á pesca galega perden un 26% con respecto os de 2009, e case un 18% en relación cos de 2010, e asegura que as prioridades do Goberno non están na neste sector productivo Barbanza-Noia, 24 de outubro de 2010. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, fixo unha valoración das cifras autonómicas para o sector pesqueiro galego. Denunciou que con estes orzamentos "a Xunta de Galicia acaba de certifica a súa falla de compromiso coa pesca de Galicia e o nulo peso político que Rosa Quintana ten no conxunto do executivo galego". A portavoz de Pesca advirte, coa súa interpretación das cifras na man, que "a Consellería do Mar engana ao conxunto do sector cando, de maneira demagóxica, anima a recuperar a ilusión polo mar e a retornar a unha profesión con futuro mentres se constata unha perda do 26% con respecto a 2009, e de case o 18% en relación cos orzamentos de 2010".
A maiores denuncia tamén unha reducción dos orzamentos de Portos de Galicia en infraestructuras vitais para o desenvolvemento da flota e dos servizos portuarios, nunha porcentaxe do 51%. Pero sen embargo advirte que a Consellería do Mar acomete a construcción dunha goleta histórica que vai a supoñer mais de 1,8 millóns de euros e un gasto de mantemento anual de mais de medio millón mais. Así as cousas a deputada socialista cualificou como un “insulto a intelixencia” xustificar este investimento suntuoso cando se acometen recortes vitais para o conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro en aras a austeridade. Neste mesmo sentido lembrou que a austeridade non existiu, tampouco, para mercar un vehículo novo para uso da propia conselleira.
Soneira asevera que con estes orzamentos desmantélanse programas vitais para o futuro do sector. E puxo exemplos de partidas como a investigación que se reduce nun 28,73%, a divulgación da tecnoloxía pesqueira que baixa un 56,44%, o fomento da acuicultura que se reduce nun 11,55%, ou a promoción das nosas produccións pesqueiras que se reduce o programa un 9,23%.
Goleta histórica como "investimento suntuoso"

Divulgación de tecnoloxía pesqueira, un 56% menos
Soneira asevera que con estes orzamentos desmantélanse programas vitais para o futuro do sector. E puxo exemplos de partidas como a investigación que se reduce nun 28,73%, a divulgación da tecnoloxía pesqueira que baixa un 56,44%, o fomento da acuicultura que se reduce nun 11,55%, ou a promoción das nosas produccións pesqueiras que se reduce o programa un 9,23%.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario