16.1.11
15.1.11
A Pobra do Caramiñal: reelexida Teresa García Guillán como alcaldable polo Psoe para as eleccións do 22 de maio
A Pobra do Caramiñal, 15 de xaneiro de 2011. O Psoe pobrense reuniuse hoxe en asemblea para aprobar a candidatura que van presentar ás vindeiras eleccións municipais de maio. Cun 93,8 % saíu apoiada a candidatura encabezada por María Teresa García Guillán. As seguintes persoas na lista son, por orde: Borja Paz Santos
Berta Davila Vilasó
Martín Giménez Calviño
Jose Antonio Ouviña Millán
Jesús M Huerta Sánchez
Marcos Santos
Maria Antonia Paz Iglesias
Encarna Pose Paz
Vanesa Martínez Noal
Alicia Quintáns Lago
Xesús Laiño.
Os socialistas xa protestaron hoxe no seu Facebook pola nova web municipal, presentada onte oficialmente. O grupo socialista faise a seguinte pregunta: "¿¿Unha páxina web para respostar aso grupos da oposición??". E deixa caer de seguido a resposta: "Que falta de DECENCIA aproveitar unha web institucional para facer ¡¡POLÍTICA PARTIDISTA!! (PP)". Relacionada:

Internet: O Concello da Pobra do Caramiñal estrea web oficial e o alcalde, blog
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Lousame: Pachi Vázquez apoiou ao candidato do Psoe á alcaldía, Julio Paradela Busto, na presentación para o 22M
Lousame, 15 de xaneiro de 2011. Pachi Vázquez estivo hoxe nun coñecido restaurante de Lousame apoiando a candidatura de Julio Paradela Busto para as vindeiras eleccións municipais de maio. O secretario xeral dos socialistas lousamianos postulouse como candidato a encabezala lista das municipais 2011, "unha boa alternativa para o cambio de progreso de Lousame", sinalaron fontes socialistas.
Na presentación estivo, xunto co máximo dirixente dos socialistas de Galicia, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e outros altos cargos do PSdeG.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: as vindeira andainas do ciclo "Ponte a Andar" son os domingos 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: cincuenta novas prazas de atraque nos dous pantaláns que instalará Portos de Galicia na dársena exterior
Porto do Son, 15 de xaneiro de 2011. O ente público Portos de Galicia está a traballar no deseño dun novo proxecto de ampliación das instalacións portuarias de Porto do Son. A proposta contempla a creación de dous novos pantaláns que permitirán habilitar outras cincuenta prazas de embarque mixtas
A metade das prazas crearanse nun novo pantalán pesqueiro, correspondente á terceira lista, e estarán destinadas aos profesionais do sector, mentres que o resto corresponderán á sétima lista, habilitándose nun pantalán náutico recreativo. Ambos estarán instalados na dársena exterior do porto.
Esta actuación implementará a seguridade do espazo portuario sonense tanto para a frota alí albergada como de cara ao traballo ordinario que esta realiza. A súa tramitación está previsto que dea comezo nos vindeiros meses.
A creación deste medio centenar de novas prazas de embarque atende á petición trasladada ao respecto dende a confraría sonense, que demandaba a intervención de Portos de Galicia neste sentido, e á petición, tamén, da directiva do Clube Náutico de Porto do Son. O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana reseña en especial o traballo realizado para a consecución desta obra polo presidente do Clube Náutico sonense, Manuel Queiruga, “que amosou unha grande visión, esforzo e cariño con esta entidade deportiva”, asegura a Xunta en nota de prensa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: os veciños de Bexo, anoxados porque os camiños seguen sen arranxar, protestan con pancartas

Bexo, 26 novembro 2010: reclaman de novo que se arranxen os camiños

Bexo: levan ao Parlamento o amaño dos camiños
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
14.1.11
Boiro: reelexido Juan Jesús Ares como candidato a alcalde polo Psoe en maio de 2011
A Agrupación Socialista de Boiro elixe a Juan Jesús Ares como candidato para os vindeiros comicios
Boiro, 14 de xaneiro de 2011. A Agrupación Socialista de Boiro celebrou na xornada deste venres 14 de xaneiro unha asemblea extraordinaria na que se produciu a escolla do cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais, a celebrar, se non pasa nada, o 22 de maio de 2011. Os membros da asemblea depositaron, segundo o secretario de Organización do Psoe boirense, Jorge Campaña "a súa confianza no bo saber facer do actual Secretario Xeral do PsdeG de Boiro, Juan Jesús Ares, quen saiu elixido por unanimidade".
"Dende a asemblea confíase en poder liderar o futuro Goberno Municipal dado, fundamentalmente, ao traballo que se veu facendo nestes últimos anos", engade, e informa de que proximamente "celebrarase un acto no que se realizará a presentación oficial de tódolos compoñentes da lista para os comicios municipais ao conxunto dos boirenses".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Política: ratificados os cabezas de cartel para as municipais polo Bng na bisbarra Muros-Noia
Ánxela Franco, alcaldable polo Bng en Porto do SonNoia, 14 de xaneiro de 2011. O Consello Comarcal do BNG de Muros e Noia ratificou hoxe venres 14 de xaneiro aos candidatos que concorrerán como cabezas de lista da organización nos seis concellos da comarca. Catro dos candidatos repetirán como número 1 nas súas respectivas localidades, en concreto: Xosé Ramón Riomao en Outes; Xoan Xosé Blanco en Mazaricos; Bieito González en Noia e Ánxela Franco en Porto do Son. As novidades nas cabezas de lista veñen da man de María Xosé Alfonso, que será a candidata no concello de Muros e Antón Ageitos, en Lousame.
Antón Ageitos, independente e cabeza de lista do Bng en Lousame
O responsábel comarcal do BNG, Manuel González, indicou que "o BNG caracterízase por exercer a democracia plena neste tipo de procesos de tal maneira que son as asembleas locais quenes deciden, sen inxerencia algunha, as candidaturas. Dese xeito, o BNG convértese na primeira organización política que elixe os cabezas de lista en tódolos concellos da comarca".
As aspiracións do BNG nos comicios municipais do domingo 22 de maio aio son as de mellorar os resultados en todos e cada un dos concellos da comarca, consolidando as posicións de goberno alí onde agora as ostenta, Muros e Porto do Son, e loitando por elas no resto dos concellos.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: novos arranxos para o Coliseo Noela, que contará con climatización, ascensor, porta contra-incendios e sistema antipánico
O aforo do Coliseo é de 342 localidadesNoia, 14 de xaneiro de 2011. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se anuncia a licitación do contrato de obras de acondicionamento e reparación do Teatro Coliseo Noela en Noia. As actuacións terán un orzamento base de 304.923 euros, que serán cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no seu 70%, e o Fondo de Común Inversión para o restante 30%. As obras de acondicionamento e reparación terán un prazo máximo de execución de 8 meses e un mínimo de 6. As actuacións recollidas no proxecto teñen como obxectivo a rehabilitación do edificio, reparación de desperfectos e dotación de elementos que faciliten o uso do mesmo. As obras consistirán especificamente na reparación da cuberta, das pinturas e estucos, dos falsos teitos e da carpintería de madeira; a adaptación da varanda ao Código Técnico da Edificación e a instalación dun sistema de climatización, un ascensor, unha porta contra incendios e sistema antipánico en todas as portas.
As últimas obras no Coliseo foron recentes e ascenderon a case 50.000 euros O Teatro Coliseo Noela, inaugurado en 1921, atópase nun entorno urbano, na rúa do Curro, preto da igrexa de San Martiño na vila de Noia. Trátase dunha construción da segunda década do século XX, de estilo modernista. O edificio está formado por dous corpos, con cinco arcos na parte inferior que se corresponden a ocos na parte superior. No centro da fachada sobresaen elementos verticais xeométricos de carácter ornamental. A planta do edificio é rectangular cunha escaleira ovalada no seu interior.
O edificio tamén ten sala para exposiciónsNo seu comezo dedicaba a súa actividade a zarzuelas, teatro, conferencias e concertos ata o ano 1966, cando foi destinado exclusivamente a espectáculos de cine ata 1986. O edificio Teatro Coliseo Noela volveu a abrir as súas portas o 23 de xullo de 1999. Cun aforo de 342 localidades, na actualidade dedícase a espectáculos de teatro, concertos, cine, congresos, música e danza.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

















