O mesmo día, na Pobra e en Boiro, outro dinosaurio dos medios:

Cultura: Íñigo, padriño de xornalistas o 15 de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O mesmo día, na Pobra e en Boiro, outro dinosaurio dos medios:

Cultura: Íñigo, padriño de xornalistas o 15 de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ateneo: presentan dous libros este sábado 11

Verán cultural: vexa toda a programación de 2011
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Educación di que se vai crear un novo Centro Integrado de FP en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 9 de xuño de 2011.- O pintor aguiñense Manuel Ayaso e o seu colega noiés Alfonso Costa acudiron hoxe á Casa Museo Municipal co obxecto de facer oficial a doazón aos fondos desta entidade unha colección, denominada Entredous, composta por vinte obras creadas por ambos artistas. Dáse a circunstancia de que catorce desta vintena de composicións foron pintadas por ambos, é dicir, durante a elaboración, cada un deles foi traballando por separado en cada unha das obras e despois llas entregou a outro, propiciando así un proceso de inspiración mutua.
Ademais dos dous artistas, estiveron presentes neste acto o alcalde saínte de Ribeira, José Luis Torres Colomer; o concelleiro en funcións de Cultura e Festexos, Luciano Fernández; e a directora do museo, Pilar Casas.
O alcalde sinalou que esta doazón sirve para inaugurar un novo espazo no museo que estará destinado a albergar as creacións pictóricas e artísticas en xeral daqueles creadores que desexen doar obras ao museo municipal. Así mesmo, enxalzou os estilos respectivos de cada un dos artistas (“marcado pola súa infancia en Aguiño e profundamente relixioso en ocasións” no caso de Manuel Ayaso e “moi influenciado polo surrealismo e o cubismo” no caso de Alfonso Costa) e a capacidade de fundir nun só cadro ambos estilos.
Mellora cualitativa do Museo
Pola súa parte, o edil Luciano Fernández declarou que esta nova doazón mellora cualitativamente o museo e animou a outros artistas e cidadáns a que se sumen a este tipo de iniciativas para que este espazo cultural siga aumentando os seus fondos.
En canto aos pintores protagonistas, Manuel Ayaso manifestou que accións coma esta serven para que visitantes doutras partes de España comproben que tamén en Galicia hai artistas de valía; en tanto que Alfonso Costa louvou ao Concello de Ribeira por contribuír á difusión da arte con este tipo de iniciativas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 8 de xuño de 2011. Dende hoxe e ata o 24 de xuño poderase visitar no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo a Exposición de Fotografía Submarina do V Circuíto Galego Dixital da Federación Galega de Actividades Submarinas. O horario de apertura será de 09:00 a 14:00 horas.
Web de referencia: http://www.fegas.netPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son manifestou de novo o seu rexeitamento "ás actuacións que o goberno bipartito do PSOE e BNG fixeron durante os derradeiros dezaoito meses desta lexislatura que chega ao seu fin. Na mañá de hoxe celebrouse o derradeiro Pleno Municipal sonense presidido polo goberno do PSOE e BNG na que se trataron a aprobación dos dous últimos Borradores de Actas correspondentes ós Plenos Extraordinarios do 19 de Maio de 2011 e do pasado Luns 6 de Xuño de 2011. A polémica xurdiu a raíz de que os Grupos Políticos Municipais con representación no Pleno da Corporación (PP,AVS e IPS) non recibiron a documentación correspondente do Borrador da Acta do Pleno do pasado Luns 6 de Xuño do presente que foi tratado. Parece incrible que se utilicen este tipo de artimañas ás alturas de final da lexislatura co gallo de que a oposición non poida ter coñecemento e facer as súas respectivas observacións respecto do que se aprobou".
O Grupo Municipal Popular, encabezado polo seu portavoz, Manuel Tomé Piñeiro, pediu as explicacións oportunas ó bigoberno de Xoán Pastor e Ánxela Franco "sen estes dar ningún tipo de resposta clara e concisa".
Liortas internas xa no PP?
O anecdótico da votación foi que a concelleira Asunción Torres Parada e actual Presidenta da Xestora Local do PP rompeu a disciplina do sentido do voto desta formación e votou en contra argumentando, "con bo criterio", din nembargantes os populares, non aprobala ao non coñecer o seu contido ningún dos membros do equipo conservador. A este derradeiro pleno extraordinario soamente asistiron os concelleiros populares Manuel Tomé, María Jesús Paz,, José Martínez Calvo e Asunción Torres Parada: os restantes "nin deron coñecemento da súa ausencia" (sic).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia