17.1.12

Rianxo: actos programados para o que resta de xaneiro dentro do Ano Castelao

Tamén hai un ciclo de cinema os venres

Xaneiro castelao2012.pdf Download this file

Rianxo_cinema

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: recollen datos para intentar porlle remedio aos batifondos no ocio nocturno local

  • Iniciativa da "comisión para unha movida san e contra o vandalismo" (sic), disque servirá para saber as medidas "disuasorias ou punitivas" a adoptar


Ribeira, 17 de xaneiro de 2012.- O Salón de Sesións do Consistorio ribeirense deu cabida este mediodía á reunión constitutiva da Comisión para unha Movida San e contra o Vandalismo, coa que se pretende analizar o estado de situación do ocio nocturno na cidade e acometer todas aquelas medidas orientadas a promover hábitos saudables e prácticas respectuosas co mobiliario público no conxunto da mocidade.

Nesta primeira xuntanza déronse cita representantes das diferentes áreas afectadas do Equipo de Goberno Local (concelleiros de Servizos Sociais, Atención Cidadá, Xuventude, Educación e Comercio, ademais do alcalde), forzas de orde público (policías nacional e local), axentes de carácter asistencial (Asociación Renacer, UAD e Departamento de Servizos Sociais) e sector hostaleiro. 

Influencia do alcohol

Os alí reunidos tomaron a decisión de realizar en primeiro unha minuciosa recollida de datos para coñecer con exactitude cal é a situación da movida en Ribeira e a evolución rexistrada nos últimos anos, especialmente no que atinxe a altercados nos que o consumo de bebidas alcohólicas fose un factor determinante. A tal efecto, os corpos de policía nacional e local recollerán os datos pertinentes en canto a denuncias rexistradas nos tres últimos anos sobre este tenor, mentres que os técnicos da UAD encargaranse da captación de información no centro de saúde e no Hospital da Barbanza. 

Ademais, os membros da Comisión coincidiron e que escoitar a opinión dos propios mozos debe ser prioritaria. A este respecto, a Asociación Renacer encargarase de confeccionar unhas enquisas aos alumnos de ESO de todos os centros educativos do municipio. 

A Comisión emprazouse a unha nova reunión na que, con todos estes datos na man, se concreten as medidas de carácter tanto preventivo e informativo como (se se considerase necesario á luz da información recollida) de carácter disuasorio e punitivo que se van adoptar.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: teatro en inglés no auditorio este mércores 18

  • A cargo da compañía Firewalk Theatre, nunha actividade do IES Leliadoura
Media_httpwwwfirewalk_jhfmg

Imaxe de http://www.firewalktheatre.com

Ribeira, 17 de xaneiro de 2012. O departamento de Inglés e a Sección Bilingüe do IES LELIADOURA organizan mañá mércores 18 a partires das 11:00 no Auditorio municipal a actuación do grupo de teatro en inglés Firewalk Theatre, coa representación da obra musical “Aquarius”.

Dita actividade vai dirixida ao alumndo de 3º e 4º de ESO, de Bacharelato e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, ata un total de 220 alumnos.

Continuan así as actividades encadradas no programa deste departamento e da Sección Bilingüe, e que terán continuidade coa viaxe a Londres que farán 40 alumnos dos cursos de Sección Bilingüe no mes de abril. Hai que salientar que o Leliadoura é o único de secundaria en Ribeira con 3 seccións bilingües, ademais de ser o primeiro en traer a esta cidade unha representación deste tipo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: pedirán fondos europeos para dinamizar o parque de San Roque e o miradoiro da Pedra da Rá

  • Trátase de poñer en marcha un corredor verde entre Cubeliños e San Roque, unha ruta de sendeirismo ao miradoiro da Pedra da Rá e un parque de aventura ecosaudable en San Roque
  • O proxecto, denominado "Ribeira, entornos saudables" foi orzamentado en 271.000 euros
Media_httpfarm5static_iidia

Ribeira, 17 de xaneiro de 2012- A voceira do Equipo de Goberno de Ribeira, Herminia Pouso Maneiro, deu conta unha vez máis dos principais asuntos debatidos na reunión que o Executivo local mantén todos os martes, entre os que houbo destacar o visto bo dado polos munícipes á solicitude de fondos Leader para a execución dun proxecto complementario do programa Ribeira Atlántica que, baixo a denominación de “Ribeira, Entornos Saudables”, pretende dinamizar económica e turisticamente dous dos entornos con maior valor natural do concello: o  miradoiro da Pedra da Rá e o Parque de San Roque. 

Media_httpfarm5static_iuizj

A actuación está presupostada en 271.000 euros (contía que podería ser subvencionada ata nun 100% polos citados fondos europeos) e afecta aos núcleos de poboación de Frións e A Granxa (na parroquia de Carreira) e Cubeliño, en Riveira. 

O proxecto comprende tres actuacións específicas: 

  • A creación dun Corredor Urbano Verde de 1,2 quilómetros seguindo o curso do río Pedrín que enlaza os núcleos de Coveliño e Frións co parque periurbano, recuperando o leito fluvial, promocionando o turismo verde e servindo de segunda vía de acceso a San Roque dende a cidade.
  • O establecemento dunha Ruta de Sendeirismo dende o parque cara o Miradoiro da Pedra da Rá aproveitando a rede de camiños histórica existentes nesta área e que dará acceso a unha das mellores vistas panorámicas do concello.
 
Media_httpfarm5static_ifedw

  • E a creación en San Roque (máis concretamente no entorno do lavadoiro do río Pedrín) dun Parque de Aventura Ecosaudable, con instalación de elementos de ocio e aventura integrados co entorno.

Xunto a estas actuacións integrais, o proxecto culminarase cun plan de mellora sinalética e con iniciativas complementarias dirixidas a difundir os valores naturais e patrimoniais do entorno, tales como a edición de audioguías, folletos, mapas e un certame de fotografía. 

Secretaría do Concello

Outra das actuacións anunciadas por Pouso Maneiro foi a reorganización da área de Secretaría do Concello, que actualmente está “baixo mínimos” ao ter catro funcionarios en situación de incapacidade temporal, ao tempo que o posto de secretario xeral está sendo desempeñado provisionalmente por unha persoa que tamén ostenta a función de asesoramento urbanístico.  

Así e logo, o Equipo de Goberno acordou estudar o xeito de reorganizar o máis eficientemente esta área, para o cal non se descarta trasladar a algún membro do persoal que está desenvolvendo outras funcións fóra da Casa Consistorial. En todo caso, as necesidades específicas de pór en marcha o programa de Ribeira Atlántica farán que unha persoa se ocupe a tempo completo deste expediente máis outra persoa de apoio. 

Noutro orde de cousas, no que respecto á solicitude de accións formativas que están dirixidas ás persoas desempregadas do municipio, decidiuse solicitar á Xunta a celebración de cursos de instalación e mantemento de xardíns en zonas verdes, de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e de operacións básicas de restaurante e bar. “Esperamos que así os nosos desempregados adquiran maiores capacidades e lles sexa máis fácil reincorporarse ao mundo laboral”, declarou a edil. 

Paneis informativos

Por último, Hermina Pouso anunciou que o Concello xa dispón dos paneis informativos que se implantarán en cada unha das parroquias. Unicamente se está a expensas de comunicar aos outros grupos municipais os lugares concretos nos que se pretende situar estes elementos antes de proceder á súa instalación.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones


Riveira Atlántica 2015: adxudicada asistencia técnica a Idom

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Aguiño conmemora o oitavo cabodano do párroco Francisco Lorenzo Mariño

  • Este sábado 21 haberá misa na súa honra na igrexa parroquial
Media_httpfarm4static_oxfiz

 
Aguiño, 17 de xaneiro de 2012. A Asociación Francisco Lorenzo Mariño informa de que hoxe, 17 de xaneiro, cúmprense 8 anos do pasamento do párroco fundador e que da nome á súa entidade, Paco de Aguiño. Os actos culturais que celebran cada ano para conmemorar esta efeméride e que ían ter lugar o venres 20 e sábado 21 de xaneiro tiveron que ser pospostos ao derradeiro fin de semana do mes, concretamente aos días 27 e 28 nos que haberá xornadas culturais, teatro, música ademais da tradicional ofrenda floral e lectura de manifesto no cemiterio do Son onde está soterrado Francisco Lorenzo.
 
Nos vindeiros días darase debida conta da citada programación que organiza a nosa entidade cada xaneiro dende fai sete anos. O que si segue en pé é a MISA DO VIII ANIVERSARIO que terá lugar na Igrexa Parroquial de Aguiño o sábado 21 de xaneiro ás 19:00 h, "polo que convidamos a todas as persoas interesadas a asistir á devandita celebración que será oficiada polo actual párroco de Aguiño, David Mohedano", explicou  Unai González, presidente da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.1.12

Boiro: o xoves 19 de xaneiro, primeira actividade da Red Innpulso, sobre medio ambiente e reciclaxe

Media_httpfarm6static_uglmx

Boiro foi o único municipio galego que conseguiu pertencer á rede INNPULSO, grazas á iniciativa do goberno bipartito anterior

Boiro, 16 de xaneiro de 2012. A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)” puxo en marcha unha acción no ámbito do fomento da cultura da innovación INNAC Actitud Innovadora, e dentro desta unha actividade chamada “Ciudades con actitud innovadora”, que está dirixida aos concellos de toda España que foron premiados coa distinción “Ciudad de las ciencias y la innovación”, e forman parte da Red INNPULSO, tal como é o Concello de Boiro.


Esta actuación consiste no desenvolvemento de sesións de creatividade e innovación para obter solucións innovadoras sobre problemáticas identificadas na propia localidade. Neste caso escolleuse o tema "Medio Ambiente e reciclaxe", considerando os problemas locais máis destacados, como son os vertedoiros incontrolados, separación de residuos incorrecta, residuos na rede de sumidoiros, etc.


Trátase dun obradoiro no que participarán tres estudantes de Bacharelato pertencentes aos centros educativos de Boiro IES Praia Barraña e IES Espiñeira, tres empresarios/as de Boiro e tres respresentantes do propio Concello. O tema servirá de base para establecer un diálogo entre a ciencia e a tecnoloxía, a empresa, a administración e a sociedade, desenvolvendo un modelo de colaboración e participación cidadana amplo e efectivo co obxectivo de extraer, unha potencial solución creativa e innovadora, que permita ao concello ter un MAPA DE ACTUACIÓN para implementar esa solución dentro do marco temporal e orzamentario que estime adecuado en función do contexto e situación do municipio.


A “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología “ (FECYT) farase cargo dos contidos e da dinamización da sesión.
A data seleccionada é o día 19 de xaneiro, de 16.00 a 21.00 horas (aproximadamente unhas 5 horas de sesion), no Centro Social do Concello de Boiro. Nas dúas últimas horas permítese a asistencia de persoas observadoras que queiran aportar algo á sesión (previa solicitude no Departamento de Emprego ou Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: ata o 22 de febreiro, "Encontros", do fotógrafo Candiño, do colectivo Olláparo, no centro social

Noia: Baldo Ramos amosa os seus "Libros para habitar" no Liceo

Aínda se pode ver na sala Francisco Creo. É unha exposición que comezou en decembro do ano pasado.

Quen é Baldo Ramos?

Escritor e artista plástico. Consulte a súa traxectoria na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Baldo Ramos amosa os seus "Libros para habitar" no Liceo

Aínda se pode ver na sala Francisco Creo. É unha exposición que comezou en decembro do ano pasado.

Quen é Baldo Ramos?

Escritor e artista plástico. Consulte a súa traxectoria na Galipedia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: aberto prazo para presentar candidatos á VII Gala do Deporte

Gala_do_deporte_-_presentacin

  • Será o 24 de febreiro e haberá 16 categorías e un apartado para mencións especiais
  • Celebrarase no auditorio

Ribeira, 16 de xaneiro de 2012- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga presentou este mediodía as bases da 7ª edición da Gala do Deporte de Ribeira, que nesta ocasión terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro 24 de febreiro e abarcará 16 categorías máis un 17º apartado dedicado ás mencións especiais. 

Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o martes 31 de xaneiro de 2012. Á hora de designar os galardoados, o xurado (composto polo edil de Deportes e outros catro vocais escollidos por este entre deportistas, técnicos e outras persoas vinculadas ao deporte local) valorará os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2011. 

“Queremos que os premiados se sintan reconfortados con esta calor que lle queremos dar a través da Gala”, declarou Martínez Queiruga. 

Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse ás seguintes categorías:

    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista Masculino Discapacitado
    4. Mellor Deportista Feminina Discapacitada
    5. Deportista Revelación Masculino (sub – 18)
    6. Deportista Revelación Feminina (sub – 18)
    7. Mellor Equipo Masculino
    8. Mellor Equipo Femenino
    9. Mellor Adestrador
    10. Mellor Xuíz/Árbitro
    11. Mellor Evento Deportivo
    12. Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte Escolar
    13. Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
    14. Mellor Club Local
    15. Mencións Especiais
    16. Patrocinio Deportivo
    17. Mellor Labor Informativo

    Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nado en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2009. 

    A proposición de candidaturas pódese realizar mediante a presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ao alcalde do Concello, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com

    Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida o seu labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde calquera ámbito de actuación. 

    A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro do 2012.


Peche ao tráfico de Cristóbal Colón o mércores 18

Por outra banda, tal e como fora anunciado, a avenida Cristóbal Colón voltará quedar cortada á circulación rodada co fin de proseguir coas actuacións de mellora que se están a desenvolver nesta vía. O comezo do peche está previsto para o mércores 18 de xaneiro pola mañá. 

Os operarios continuarán coas obras de renovación das instalacións á altura do cruce de Cristóbal Colón coa rúa de Lugo e, acto seguido, estenderase a segunda capa de rodadura. 

É posible que nos próximos días a rúa de Lugo tamén rexistre algún corte puntual.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical