27.8.12

Solidaridade: doan ao neno Pablo González Castelao, con distrofia muscular, un ordenador portátil

25_08_2012_foto_noticia_padron

  • É un pequeno xesto, xa que a campaña "Hoy por Pablo, mañana por ti", busca acadar os cartos necesarios para unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado

Padrón, 27 de agosto de 2012. O portal das empresas da Comarca do Sar e concellos de arredor, PadronVirtual.com doou a semana pasada de agosto un ordenador portátil de última xeración a Pablo González Castelao, un rapaz de 10 anos que padece distrofia muscular de tipo Duchenne, unha doenza dexenerativa sen cura ata o momento e con mal pronóstico, xa que non pode camiñar e, ao tomar corticoides váiselle provocando osteoporose, ademais comeza a perder mobilidade nas extremidades e a estes problemas uniranse nun futuro trastornos respiratorios.

Segundo explican os doadores, "uno de los sueños de Pablo era el poder tener un ordenador, sueño que se ha visto cumplido el pasado viernes cuando Sindo González, en representación de todas las empresas que forman parte del portal web www.padronvirtual.com hizo la entrega a Pablo de un ordenador portátil de última generación con el cual Pablo podrá pasar sus días más entretenido y adentrarse en el mundo de las nuevas tecnologías".

CAMPAÑA "HOY POR PABLO, MAÑANA POR TÍ"

Para mellorar a calidade de vida de Pablo e seus pais, iniciouse a primeiros de agosto a campaña solidaria "Hoy por Pablo, mañana por ti", creada pola asociación formada por Isabel Oliveira, Araceli Miguéns, Emma Méndez e María Castelao. O obxectivo da campaña pasa por acadar 30.000 euros para unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e tamén un baño adaptado. Pablo ten, ademais, páxina en Facebook (http://es-es.facebook.com/pablo.gonzalezcastelao.3), e un número de conta no Banco Pastor para que os interesados poidan realizar as súas achegas: 0072 0108 02 0000107440. As organizadoras desta campaña programan diversas actividades para setembro e confían en que antes de que acabe o ano se poida acadar o obxectivo, para que este neno e seus pais teñan realmente "un bo Nadal".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: segunda edición dos talleres de escolaridade, de outubro a xuño

Dodro, 27 de agosto de 2012. Dentro do Programa de conciliación familiar do goberno municipal, o Concello de Dodro organiza por segundo ano consecutivo  e logo de ver os "resultados satisfactorios" destes talleres durante o curso pasado, os TALLERES DE ESCOLARIDADE para o curso 2012/2013.

 

Os talleres constan de clases de apoio e reforzo escolar, métodos de estudo e actividades recreativas, de tal modo que os nenos/as contarán con axuda para realizar as tarefas da escola, aprenderán métodos de estudo e terán diversas actividades recreativas e de ocio así como distintos talleres ao longo do curso.

Están dirixidos a nenos/as entre 6 e 12 anos e serán totalmente gratuítos para que a situación económica das familias non sexa impedimento e calquera poda optar a esta actividade por igual.

O equipo de goberno con este tipo de actividades intenta apoiar a educación nos nenos/as do concello e facilitarlles o estudo e o acceso gratuíto a clases de reforzo, xa que eles son o futuro do concello.

Os talleres serán de 16h a 19h de luns a venres de outubro a xuño. As inscricións deben realizarse no rexistro do Concello do 3 ao 12 de setembro.

Para máis información deben dirixirse ao departamento de servizos sociais do concello ou na Casa da Cultura. Están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Concello.


Mediación xuvenil: o 13 de setembro

 

Por outra banda, a OMIX de Dodro dependente da Concellería de Xuventude e Familia  xunto coa Dirección xeral de xuventude e voluntariado da Xunta de Galicia, organizan o obradoiro “Mediación xuvenil para a participación” dirixido aos mozos/as do concello de 14 a 35 anos, animadores xuvenís, asociacións, etc.

Será o 13 de setembro ás 19h nas aulas da Paxareira e as inscricións poden realizarse ata o venres 7 de setembro na Omix de Dodro.

 

Curso de restauración: do 18S ao 13N


A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organiza un Curso de Restauración e Pintura Decorativa aberto a toda a poboación interesada e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello.

Será do 18 de setembro ao 13 de novembro no local de usos múltiples de Servizos Sociais de Dodro de 18h a 20h e totalmente gratuíto. O prazo de inscrición é do 3 ao 12 de setembro e deben realizarse no departamento de servizos sociais.

CARTEL TALLERES ESCOLARIDADE2012-2013.pdf Download this file

Cartel obradoiro Mediacion Xuvenil.pdf Download this file

CARTEL RESTAURACIÓN E PINTURA DECORATIVA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: Novas Xeracións entregou cinseiros ecolóxicos na praia de Cabío

A Pobra, 27 de agosto de 2012. A formación xuvenil do Partido Popular da Pobra, Novas Xeracións, vén de realizar o pasado día 23 de agosto unha campaña de concienciación ecolóxica no areal de Cabío-Lombiña. Velaquí a nota de prensa que enviaron, sen cambiar unha coma:

"En el día de ayer 23 de Agosto Nuevas Generaciones de la provincia de la Coruña, junto con las nuevas Generaciones de la Comarca del Barbanza, realizaron en la playa de Cabio-Lombiña situada en el municipio de Puebla del Caramiñal, una campaña de concienciación ecológica que la provincial lleva todo el verano realizando por el litoral gallego y que este jueves toco en la localidad Pueblense, la actividad consiste en entregar a los usuarios que se encuentren en la playa, una ceniceros totalmente ecológicos con el fin de concienciar para conseguir que las playas estén limpias y no se viertan residuos de ninguna índole en las mismas, la medida fue muy bien acogida por todos los bañistas que en ese momento ocupaban la playa.

Asi mismo Ramón Santos presidente provincial se mostró satisfecho por el éxito de la actividad, prometiendo seguir trabajando por la comarca del Barbanza, también Eloy Sobrido presidente de las Nuevas generaciones de Puebla y encargado de la coordinación comarcal agradeció a todos sus compañeros de las locales comarcales su presencia en el acto y a Ramón el traer la actividad ecológica al ayuntamiento de Puebla".

Relacionada:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xincana de neurociencia con 140 participantes

  • A xornada lúdico-educativa tamén serviu para sensibilizar aos máis pequenos sobre a necesidade de doar sangue e órganos


Santa Uxía de Riveira, 27 de agosto de 2012.- Un total de 140 nenos participaron hoxe na xincana de neurociencia e sensibilización sobre a doazón de órganos e sangue que organizou a concellería de Cultura, que dirixe Elvira Pisos Arnoso, dentro do programa de Verán Cultural 2012 nos obradoiros Verán Rechinán de Aguiño e Xoga con Nós de Ribeira.

A iniciativa perseguía sensibilizar aos participantes (nenos e nenas de 2 a 7 anos) da importancia da saúde, da sanidade e da solidariedade na doazón de órganos e sangue.

As actividades leváronse a cabo de xeito lúdico con animacións adaptadas aos distintos grupos de idade.

Cinco sentidos

A xincana estaba dividida en cinco estacións nas que se traballaron os sentidos do olfacto, oído, tacto, gusto e vista.

Na primeira identificaron os olores que proviñan dunhas caixas tapadas. Na vista fixeron carreiras para coller siluetas que se lles mostraba e, tamén, comprenderon porqué se producen os efectos visuais, co uso duns anteollos e unhas figuras distorsionadas. No gusto, probaron diferentes sabores e debían acertar se era doce, salgado, ácido ou amargo. No oído, fixeron un bingo de sons, no tiñan que oír o canto dun animal e marcalo en caso de telo debuxado nunha ficha. Antes de cada xogo se lles explicou cómo funcionaba cada un dos sentidos.

Ao final da ximcana fíxose un pin, coa mascota da doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, que se chama “Pinga” é é unha gota de sangue. Ao mesmo tempo que realizaron esta manualidade explicóuselles a importancia da doazón de sangue e órganos, indicándolles que España é pais punteiro como doador.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este martes 28, acto informativo sobre os recortes en Sanidade

24.8.12

A Pobra do Caramiñal: do 14 ao 17 de setembro, Festas do Nazareno

Porto do Son: a parede da "desfeita urbanística" da Arnela conta xa cun novo mural

Imaxes cortesía de Paco do Martelo
  • Nunha das paredes máis vistas por todos os que atravesamos Porto do Son en vehículo agora acumúlanse entullos e lixo

Porto do Son, 24 de agosto de 2012. O ano pasado informamos da aparición dun primeiro mural:

Agora, a éste súmase outro máis, pintado tamén polos integrantes do campamento xuvenil que hai ao pé, como actividade artística. Mais ese sofá que leva tempo esquecido sen retirar polo Concello e o lixo e entullos que o acompañan deslocen o novo aspecto do muro.

Desfeita urbanística e vergoña política

Por que o bautizamos como a "parede da desfeita urbanística"? Esta foto explícao todo:


Logo pasou a ser o "muro da desvergoña política": namentres unha das promesas típicas dos políticos é manter limpa a súa vila, e cánsanse namentres están na oposición de criticar por estes asuntos, cando chega a campaña electoral non lles importa poñer os currunchos dos seus municipios así:
Media_httpfarm6static_zrzxn


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Festival Cantón Jazz, Blues & Funky celébrase o 30 e 31 de agosto e 1 de setembro

Noia_canton_jazz


Noia, 24 de agosto de 2012. O III Cantón Jazz, Blues & Funky terá lugar os días 30 (xoves) e 31 (venres) de agosto, e o 1 de setembro (sábado). Aínda que adiantamos o cartel, a presentación será a vindeira semana na propia praza do Cantón de Noia.

O máis salientable desta edición é que o noiés Kin García presentará seu novo traballo discográfico ("Accipiter Gentilis"); The Lákazans, logo de trunfar no Curota Sound, achégase a conquistar Noia, co seu líder á fronte, o JRAN Fran Velo, integrante de Heredeiros da Crus e, para rematar, unha curiosa e potente fusión do funk co rock que traen os vigueses Phantom Club Band, que interpretarán temas do seu último disco, "Muchas noches, buenas gracias".


Os concertos son de balde e sufragados polos locais da praza: Tasca Típica, Resto Pub Trócolo  e Cafetería Babilonia, segundo informa o director artístico deste festival, Pablo Sax.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novo aspecto do Carreiro en Aguiño

  •  Colocaron cinco bancos e dúas balaustradas nas pontes

 

Aguiño, 24 de agosto de 2012.- O Concello informa da nova colocación de cinco bancos ao longo do Carreiro de Aguiño e de dúas balaustradas nas pontes do dique.  

 

Trala demanda dos veciños, decidiuse pór asentos para o descanso e acondicionar as pasarelas cuns quitamedos coa fin de ofrecer unha maior seguridade aos paseantes.

 

Ademais, o Concello púxose en contacto con Portos de Galicia para que se restableza a iluminación ao longo do camiño.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.8.12

Ribeira: unha nena de Chernobil recupérase durante o verán na cidade

  •  Foi recibida hoxe polo alcalde, inda que xa leva tres anos vindo

 

Ribeira, 23 de agosto de 2012.- Maria Sheveleva Viktorovna ten só dez anos pero xa coñece as consecuencias do desastre sufrido en Chernobil. Afortunadamente agrupacións como a Asociación Ledicia Cativa fan que a saúde de rapaces, que se encontran na mesma situación que Maria, mellore considerablemente a través da acollida por parte de familias galegas durante o verán.

 

Este xa é o terceiro ano que a pequena vén a Ribeira, grazas á asociación, e pasa os meses de xullo e agosto coa familia de José Urbano Mariño Lago, quen asegurou que a nena “no verán pasado creceu ata tres centímetros e engordou catro kilos”.

 

Manuel Ruiz Rivas recibiu hoxe, xunto co edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño, tanto ao pai como á rapaza na Casa Consistorial de Riveira para ofrecerlle un agasallo e animalos a seguir repetindo a iniciativa. Durante o encontro Maria respondeu a tódalas preguntas que lle fixo o alcalde nun perfecto castelán, asegurándolle que o que máis lle gustaba era ir á praia do Castro e ás cafeterías.  

 

Efectos beneficiosos

O clima e o aire limpo da zona ten efectos moi beneficiosos nos nenos afectados pola radiación. A esperanza de vida aumenta en dou anos e reducen as consecuencias da radioactividade no seu desenvolvemento entre un 30 e un 40% por cada verán que pasan aquí.

 

As persoas afectadas pola contaminación nuclear teñen unha esperanza de vida de 59 anos, ademais de contar con máis posibilidades de ter cáncer, danos graves no sistema nervioso e as defensas máis baixas.


Relacionada:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical