24.10.12
Ribeira: este xoves 25, "Un avó especial", teatro para explicarlles o Alzheimer aos escolares
- Organiza Agadea, cunha obra que logo deu lugar a un libro editado por Kalandraka cuxos autores son María Campos e Carlos Yus
Máis fotos e información sobre "Un avó especial" aquí
Ribeira, 24 de outubro de 2012. AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), entidade xestora do Centro de Día de Alzheimer e outras demencias de Ribeira, organizará en colaboración co Concello de Riveira, a obra de teatro infantil “Un avó especial” da Compañía de teatro Migallas dirixida aos escolares dos colexios da comarca.
A representación será o vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal (Praza dos Mariñeiros, s/n). A actuación pretende axudar a comprender a enfermidade de Alzheimer, a través dun enfoque que fomente actitudes optimistas dos mais cativos ante a problemática desta enfermidade facendo énfase no protagonismo que os nenos e nenas teñen en moitos momentos de ledicia dos nosos maiores e viceversa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
23.10.12
Ribeira: programa da Mostra de Teatro 2012, ata o sábado 1 de decembro
- Comeza este sábado 27 de outubro
- Entrada de balde
- Cinco compañías profesionais e dous grupos afeccionados
- Entre os actores destacan os xa clásicos "Mofa e Befa", compañeiros inseparables do ribeirense Quico Cadaval
Ribeira, 23 de outubro de 2012. A Mostra de Teatro de Ribeira 2012 estará integrada este ano por un total de sete representacións, cinco das cales correrán a cargo de cinco compañías profesionais e dúas por grupos afeccionados.
A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, foi a encargada de presentar esta edición, acompañada do director da mostra, Segundo Chiki Durán, e do técnico municipal Unai González.
A programación dará comezo este sábado 27 de outubro e rematará o sábado 1 de decembro. Non obstante, as funcións seguirán a liña doutros anos e terán lugar os venres de cada semana a excepción das dúas actuacións aludidas.
Elvira Pisos salientou que a Mostra de Teatro é unha das programacións anuais estables con máis calado na cidadanía e que dende o Concello se procura a mellor escolma da arte dramática que se fai en Galicia.
As entradas das funcións (todas programadas para as 21.30 horas) serán de balde ata encher aforo. As localidades poderán retirarse os propios días das representacións media hora antes do inicio das mesmas.
A programación estará conformada pola seguintes actuacións:
- Sábado 27 de outubro.- Talía Teatro: “O método Grönholm”
Sinopse: na Sala de Reunións dunha empresa multinacional comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante. A razón da súa presenza alí é que todos eles foron convocados a unha última proba na que a Empresa decidirá quen dos catro é o elixido para o posto. A proba nesta ocasión vai ser conxunta realizándose polos catro aspirantes ao tempo. Ao pouco de dar comezo vai quedando claro para todos os aspirantes que aquela non é unha proba convencional. Todos , tres homes e unha muller, son profesionais con ampla experiencia, con cargos importantes en outras empresas na actualidade-, afeitos a superar todo tipo de desafíos para alcanzar os obxectivos…..Pero esta experiencia, na que entra en xogo o Método Grönholm, e unha experiencia distinta.
- Venres 2 de novembro.- Malasombra: “Smoke City”
Sinopse: Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que, ao fin e ao cabo, é todo o contrario de vivir atrapado, atado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini.
- Venres 9 de novembro.- Obras Públicas: “O fútbol é así”
60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
- Venres 16 de novembro.- Grupo Municipal Xuvenil de Teatro de Ribeira: “O achado do castro”
Comedia de enredo que narra as aventuras de dúas ladroas que fan o imposible por acadar o medallón do César para facerse co poder do Imperio. Foi escrita aló polo ano setenta e sete antes de Xesucristo, tratándose dunha obra totalmente inédita xa que o manuscrito non se deu a coñecer ata o presente. A obra en cuestión, apareceu hai uns anos nunha escavación dun castro próximo á cidade e aínda que polo de agora non se explicase claramente que facía unha obra latina dunha época temperá nun castro celta, quizais sexa unha proba máis da paixón polo teatro dos habitantes da antiga Gallaecia.
- Venres 23 de novembro.- Mofa e Befa: “Cociña económica”
Sketch no que se recrea un plató de Televisión onde se está gravando un programa de cociña. Reproduce o esquema que se sigue entantos programas nos que un cociñeiro de gran prestixio presenta á audiencia (maioritariamente feminina) unha receita de execución simple e custe reducido. Neste programa Cociña Económica elabóranse pratos de cociña internacional utilizando exclusivamente refugallos extraídos de colectores.
- Sábado 1 de decembro.- Teatro Asociación Cultural Charamela: “Se o sei non volvo a casa”.
Debúllase un auténtico fresco da Galicia dos anos 20, cando a emigración a América se converteu nun fenómeno determinante na historia de moitas familias desta terra. O conxunto está invadido por un humor melancólico, que se conxuga cunha posta en escena moi coidada, rebosante de detalles, que firman una ambientación e un espazo escénico con moi belas escenas, destacando novamente o papel dos e das artistas que rozan o sublime nos seus respectivos rexistros.
Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Concello saca a licitación a instalación e explotación de expendedoras en terreo municipal
- Os únicos productos prohibidos nelas son alcohol e tabaco
Hoxe hai todo tipo de máquinas expendedoras. Na imaxe, unha de libros
Ribeira, 23 de outubro de 2012. O Concello sacou no día de hoxe a licitación a explotación, instalación, mantemento e subministro de máquinas automáticas en espazos de dominio público das distintas instalacións municipais.
Concretamente, as dependencias nas que se poderán colocar estas máquinas son o Complexo Polideportivo da Fieiteira, a Lonxa Municipal, a Casa Consistorial, o Auditorio, o Conservatorio e a sede da Policía Local.
Nas distintas instalacións poderán poñerse á venta bebidas quentes e frías, a excepción da Fieiteira, na que ademais poderán expenderse alimentos sólidos ou snacks.
Polo que respecta a bebidas quentes, as máquinas deberán contar polo menos cos seguintes produtos: café, café descafeinado, café con leite, chocolate, leite e infusións. En canto ás frías: auga mineral, zumes, refrescos con e sen azucre, bebidas isotónicas e batidos. Alimentos sólidos: galletas, chocolatinas, patacas fritas, froitos secos e aperitivos.
Non poderán venderse bebidas alcólicas nin tabaco.
O prazo de duración da autorización para a instalación destas máquinas é de dous anos a partir da súa concesión.
Segundo se reflicte no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, o prazo de presentación de ofertas e solicitudes de participación abarca os 15 días seguintes ao do día de publicación do anuncio (data límite: 7 de novembro). As ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O procedemento de adxudicación é o ordinario, de libre concorrencia con pluralidade de criterios de adxudicación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: do 29 ao 31 de outubro, Semana do Samaín
[[posterous-content:pid___0]]
Feijóo obtuvo el peor resultado del PP en Galicia de los últimos 23 años elplural.com/2012/10/23/nun… vía @el_plural
— Ernesto S. Pombo (@espombo) October 23, 2012
Cultura: o seguinte torneo poético de Slam Arousa é o domingo 4 de novembro en Ribeira post.ly/9dQfe
— Certo (@Certo) October 23, 2012
Noia: a historiadora Aurora Marco, premio Luís Tilve 2012 na categoría de Investigación e Divulgación Histórica post.ly/9dR9l
— Certo (@Certo) October 23, 2012
Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a historiadora Aurora Marco, premio Luís Tilve 2012 na categoría de Investigación e Divulgación Histórica
Aurora Marco, a que mira a cámara de fotos, nunha foto de arquivo feita na Habana. Ao seu pé, a escritora Pilar García Negro e o debuxante de banda deseñada MiguelAnxo Prado
Noia, 23 de outubro de 2012. Onte deuse a coñecer o fallo dos premios da Fundación Luís Tilve e entre eles resultou premiada a historiadora e escritora noiesa Aurora Marco, "polo seu traballo 'As mulleres na guerrilla antifranquista galega', que recupera os nomes destas mulleres para a nosa historia", segundo figura na acta do xurado.
Aurora Marco caracterízase na súa obra por reivindicar o papel das mulleres na historia de Galicia
Os premiados nos outros apartados foron:
-
Na categoría Traballo Digno: o xornalista pontevedrés Xabier Fortes. «Con este premio recoñécese a calidade, o rigor e a independencia dun profesional que cre nos medios públicos como espazo aberto ás preocupacións sociais dos cidadáns», sinalou o xurado destes galardóns.
-
Na categoría Acción Solidaria: o Proxecto Bubisher, «un autobús biblioteca que percorre os campamentos de refuxiados do Sáhara». Na actualidade participan máis dun cento de bibliotecas escolares galegas. Esta idea, xurdida do alumnado do colexio San Narciso de Marín, foi posta en marcha pola Asociación de Escritores por el Sáhara. (O ano pasado fora premiado o escritor Manuel Rivas).
Escaleiras en espiral do Museo do Pobo Galego
-
Na categoría Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns: Museo do Pobo Galego.
Os galardóns serán entregados este venres 26 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo.
Que son os premios Luís Tilve?
Ten toda a información na web da Fundación Luís Tilve, en http://www.fundacionluistilve.com/premios.php
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: o seguinte torneo poético de Slam Arousa é o domingo 4 de novembro en Ribeira
Ribeira, 23 de outubro de 2012. A data do vindeiro torneo do Slam Arousa, un certame poético de recitado organizado polaa actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas, xa está fixada. Será o domingo 4 de novembro no Bar Brétema de Ribeira, ás 21:30 horas.
A gañadora do primeiro slam, Celia Parra, actuará como convidada especial neste certame.
A seguinte cita será a principios de decembro na Pousada das Ánimas de Boiro coincidindo co 18 aniversario do local.
Que é o slam?
O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en Galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española.
O Primeiro "TORNEO" tivo lugar o día 5 de outubro no Curral do Marqués (Taragoña, Rianxo). A gañadora foi Celia Parra (Premio Ánxel Casal, 3º premio Minerva en dúas edicións, 3º premio Xuventude Crea de poesía, Premio María Mariño, Premio Avelina Valladares, etc...).
De aí sucédense cada mes polas vilas da Ría de Arousa, e este vindeiro domingo 4 de novembro tócalle a Ribeira.
Para esta ocasión, Celia Parra recitará como convidada especial.
Tamén, o gañador de Ribeira recibirá un pequeno agasallo da Concellalía de Cultura do Concello de Ribeira.
Pero... qué é Slam-arousa?
Slam-arousa é un slam (un torneo entre poetas) que se celebrará en diferentes localidades da Ría de Arousa de outubro a marzo. O público será o xurado de cada torneo. slam-arousa consta de 5 torneos-base nos que "loitarán" 6 poetas e unha final á que acoden os 5 gañadores dos torneos anteriores, máis aquel poeta non gañador que levara máxima puntuación segundo o público tribunal.
Quen gañen o slam.arousa terá a posibilidade de viaxar fóra de Galicia para competir co resto de slamers-locais espallados por toda a xeografía española.
Cales son as normas de recitado?
-podes recitar calquera texto sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos
-non podes usar música, disfraces, ou accesorios
-é tan importante o texto como o bo recitado. de feito, o único importante é conquistar ao público.
-non é imprescindible saber o texto de memoria... pero axuda, claro!
-por votacion popular decídense 3 finalistas volven recitar un texto (preferentemente diferente, pra deleitar ao público)
-destes 3 finalistas, sempre por votación popular, ven seleccionado o gañador que pasa á final na Illa de Arousa.
-o gañador, pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor.
Gustaríache participar no slam.arousa?
Envía un email a: slam.arousa@gmail.com cos teus datos, e alístate no slam que máis che conveña! podes tamén aparecer sen máis, xa que slam.arousa celebrase como cada slam a micro aberto.
Non che quedou algo claro? queres máis información?
Escribe igualmente a slam.arousa@gmail.com
Antes, en Certo:

Poesía: Celia Parra, gaña o I torneo Slam Arousa en Taragoña
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sociedade: "Stop Desahucios" de Barbanza loita por unha nova familia á que poden desaloxar en Rianxo
Dous integrantes de "Stop Desahucios" de Barbanza nunha recollida de sinaturas en Ribeira Barbanza, 23 de outubro de 2012. A plataforma "Stop Desahucios" de Barbanza, que loita porque non se bote ás familias fóra das súas vivendas cando non poidan facer fronte á súa hipoteca, vén de facer un novo comunicado público no que se sinalan que xa están a loitar por outro caso. Desta volta é unha familia de Rianxo á que embargaron xa numerosos bens, incluso un premio da Lotaría Nacional. Ademais, "Stop Desahucios" está a comunicarse en todo momento con autoridades da nación para que velen pola salvagarda do dereito constitucional á vivenda. No segundo comunicado que reproducimos íntegro vese a resposta que recibiron de Presidencia do Goberno sobre as súas peticións.
COMUNICADO PÚBLICO:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
22.10.12
Ribeira: novo camiño arranxado en Agrelo, na parroquia de Olveira
Ribeira, 22 de outubro de 2012. O Concello informa da conclusión dunha nova actuación pertencente ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural, de financiamento autonómico), de resultas da cal se procedeu á mellora e acondicionamento dun camiño que está situado no lugar de Agrelo, na parroquia de Olveira.
Para evitar enchoupes
A intención do Executivo á hora de acometer esta obra consistiu principalmente en evitar o enchoupe que rexistra esta vía nas épocas de moita chuvia, para molestia dos viandantes e condutores que a frecuentan.
As accións de mellora emprendidas incluíron o perfilado da rasante con motoniveladora, a construción do firme con zahorra artificial e o estendido de aglomerado asfáltico con base de macadam.
Co fin de incrementar a seguridade viaria, tamén se colocou un sinal de Stop no cruce desta vía.
Cabe lembrar outras actuacións realizadas no municipio con cargo ao PEIM Rural –por un valor global superior aos 48.000 euros- entre as que se inclúen melloras de camiños en Castelos (Aguiño), Poi (Castiñeiras), Meixe (Oleiros), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).
Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: Delio Sánchez amosa "Alén da paisaxe, pinturas da terra" no auditorio ata o 10 de novembro
- A inauguración da exposición Alén da paisaxe, pinturas da terra, do pintor Delio Sánchez, ten lugar o martes, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
- A exposición poderá visitarse dende o 23 de outubro ao 10 de novembro
Diptico_Exp_Delio_Sánchez_Rianxo.pdf Download this file
Para máis información sobre o artista poden consultar a súa páxina web http://delisanchez.com/
Outras propostas culturais en Rianxo en vindeiros días:- PROXECCIÓN DA PELÍCULA "LOS MUERTOS VAN DEPRISA"
- DÍA: venres 26 de outubro
- HORA: 20.30 h
- LUGAR: Auditorio de Rianxo
A película está dirixida por Angel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. É a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
Trátase dunha comedia e está destina a todos os públicos.
A proxección está enmarcada dentro dun programa da Deputación da Coruña.
- TEATRO FAMILIAR: MERLÍN A CARGO DE QUINQUILLÁNS
- DÍA: sábado 27 de outubro
- HORA: 21.00 h
- LUGAR: Auditorio de Rianxo
Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos.
As entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes da función.
Para máis información http://www.merlinteatro.com/alfa/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia


















