Aurora Marco, a que mira a cámara de fotos, nunha foto de arquivo feita na Habana. Ao seu pé, a escritora Pilar García Negro e o debuxante de banda deseñada MiguelAnxo Prado
Noia, 23 de outubro de 2012. Onte deuse a coñecer o fallo dos premios da Fundación Luís Tilve e entre eles resultou premiada a historiadora e escritora noiesa Aurora Marco, "polo seu traballo 'As mulleres na guerrilla antifranquista galega', que recupera os nomes destas mulleres para a nosa historia", segundo figura na acta do xurado.
Aurora Marco caracterízase na súa obra por reivindicar o papel das mulleres na historia de Galicia
Os premiados nos outros apartados foron:
-
Na categoría Traballo Digno: o xornalista pontevedrés Xabier Fortes. «Con este premio recoñécese a calidade, o rigor e a independencia dun profesional que cre nos medios públicos como espazo aberto ás preocupacións sociais dos cidadáns», sinalou o xurado destes galardóns.
-
Na categoría Acción Solidaria: o Proxecto Bubisher, «un autobús biblioteca que percorre os campamentos de refuxiados do Sáhara». Na actualidade participan máis dun cento de bibliotecas escolares galegas. Esta idea, xurdida do alumnado do colexio San Narciso de Marín, foi posta en marcha pola Asociación de Escritores por el Sáhara. (O ano pasado fora premiado o escritor Manuel Rivas).
Escaleiras en espiral do Museo do Pobo Galego
-
Na categoría Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns: Museo do Pobo Galego.
Os galardóns serán entregados este venres 26 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo.
Que son os premios Luís Tilve?
Ten toda a información na web da Fundación Luís Tilve, en http://www.fundacionluistilve.com/premios.php
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario