23.10.12

Cultura: o seguinte torneo poético de Slam Arousa é o domingo 4 de novembro en Ribeira

Slam

Ribeira, 23 de outubro de 2012. A data do vindeiro torneo do Slam Arousa, un certame poético de recitado organizado polaa actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas, xa está fixada. Será o domingo 4 de novembro no Bar Brétema de Ribeira, ás 21:30 horas.


A gañadora do primeiro slam, Celia Parra, actuará como convidada especial neste certame.


A seguinte cita será a principios de decembro na Pousada das Ánimas de Boiro coincidindo co 18 aniversario do local.



Que é o slam?

 

O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en Galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española.


O Primeiro "TORNEO" tivo lugar o día 5 de outubro no Curral do Marqués (Taragoña, Rianxo). A gañadora foi Celia Parra (
Premio Ánxel Casal, 3º premio Minerva en dúas edicións, 3º premio Xuventude Crea de poesía, Premio María Mariño, Premio Avelina Valladares, etc...).

 

De aí sucédense cada mes polas vilas da Ría de Arousa, e este vindeiro domingo 4 de novembro tócalle a Ribeira.

Para esta ocasión, Celia Parra recitará como convidada especial.

Tamén, o gañador de Ribeira recibirá un pequeno agasallo da Concellalía de Cultura do Concello de Ribeira.


Pero... qué é Slam-arousa?

 

Slam-arousa é un slam (un torneo entre poetas) que se celebrará en diferentes localidades da Ría de Arousa de outubro a marzo. O público será o xurado de cada torneo. slam-arousa consta de 5 torneos-base nos que "loitarán" 6 poetas e unha final á que acoden os 5 gañadores dos torneos anteriores, máis aquel poeta non gañador que levara máxima puntuación segundo o público tribunal.

 

Quen gañen o slam.arousa terá a posibilidade de viaxar fóra de Galicia para competir co resto de slamers-locais espallados por toda a xeografía española.

 

Cales son as normas de recitado?

-podes recitar calquera texto sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos

-non podes usar música, disfraces, ou accesorios

-é tan importante o texto como o bo recitado. de feito, o único importante é conquistar ao público.

-non é imprescindible saber o texto de memoria... pero axuda, claro!

-por votacion popular decídense 3 finalistas volven recitar un texto (preferentemente diferente, pra deleitar ao público)

-destes 3 finalistas, sempre por votación popular, ven seleccionado o gañador que pasa á final na Illa de Arousa.

-o gañador, pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor.

 

Gustaríache participar no slam.arousa?

Envía un email a: slam.arousa@gmail.com cos teus datos, e alístate no slam que máis che conveña! podes tamén aparecer sen máis, xa que slam.arousa celebrase como cada slam a micro aberto.

 

Non che quedou algo claro? queres máis información?

Escribe igualmente a slam.arousa@gmail.com



Antes, en Certo:


Poesía: Celia Parra, gaña o I torneo Slam Arousa en Taragoña

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical