23.10.12

Ribeira: o Concello saca a licitación a instalación e explotación de expendedoras en terreo municipal

  • Os únicos productos prohibidos nelas son alcohol e tabaco

Media_httpfarm9static_lbyin

Hoxe hai todo tipo de máquinas expendedoras. Na imaxe, unha de libros

Ribeira, 23 de outubro de 2012. O Concello sacou no día de hoxe a licitación a explotación, instalación, mantemento e subministro de máquinas automáticas en espazos de dominio público das distintas instalacións municipais.

Concretamente, as dependencias nas que se poderán colocar estas máquinas son o Complexo Polideportivo da Fieiteira, a Lonxa Municipal, a Casa Consistorial, o Auditorio, o Conservatorio e a sede da Policía Local.

Nas distintas instalacións poderán poñerse á  venta bebidas quentes e frías, a excepción da Fieiteira, na que ademais poderán expenderse alimentos sólidos ou snacks.

Polo que respecta a bebidas quentes, as máquinas deberán contar polo menos cos seguintes produtos: café, café descafeinado, café con leite, chocolate, leite e infusións. En canto ás frías: auga mineral, zumes, refrescos con e sen azucre, bebidas isotónicas e batidos. Alimentos sólidos: galletas, chocolatinas, patacas fritas, froitos secos e aperitivos.

Non poderán venderse bebidas alcólicas nin tabaco.

O prazo de duración da autorización para a instalación destas máquinas é de dous anos a partir da súa concesión.

Segundo se reflicte no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, o prazo de presentación de ofertas e solicitudes de participación abarca os 15 días seguintes ao do día de publicación do anuncio (data límite: 7 de novembro). As ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O procedemento de adxudicación é o ordinario, de libre concorrencia con pluralidade de criterios de adxudicación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical