27.5.10

Ribeira: medio cento de excursionistas a Fátima, na última saída cultural para maiores

Ribeira, 27 de maio de 2010. Un total de 53 maiores de Ribeira tomaron parte na pasada fin de semana na terceira das saídas culturais organizadas pola Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, que dirixe María Esther Patiño Rey e que tivo como punto de destino a localidade portuguesa de Fátima.

 

Esta excursión desenvolveuse entre os días 21 e 23 de maio e no transcurso da mesma os participantes puideron visitar o coñecido centro de peregrinación luso, ademais doutras poboacións do entorno como Óbidos, Caldas da Rainha e Nazaret, así como o mosteiro de Batalha.


 


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: presentan este viernes 28 "Experiencias Gastronómicas", nuevo servicio de comida para grupos

Experiencias Gastronómicas es una idea de Adega y Hotel Rural Entre Os Ríos

Captura de la web experienciasgastronomicas.es

A Pobra do Caramiñal, 27 de mayo de 2010. Este viernes, 28 de mayo, Adega y Hotel Rural Entre Os Ríos e Imos Cociña presentarán “Experiencias Gastronómicas”, un nuevo servicio de comida para grupos que desde ahora podrá reservarse en sus instalaciones, ubicadas en Pobra Do Caramiñal, en la provincia de A Coruña.

Este nuevo servicio consiste en la degustación de platos gastronómicos preparados con productos propios de Galicia y en algunos casos, platos preparados a base de Albariño Altares, vino representativo de la tierra de Iria y del Barbanza.

El evento contará con la colaboración de importantes empresas conserveras de la zona; así como con la asistencia de las Asociaciones de Empresarios de los municipios del Barbanza. Se podrán degustar platos preparados con productos de las propias conserveras invitadas.

La iniciativa nace de la mano de cuatro jóvenes, Nacho Rodríguez, David Fernández, César Crusat, y Lissette Añez, quienes consolidando esfuerzos de Imos Cociña (nuevo servicio de comida en casa ofrecido por el bar Obradoiro de Ribeira) y Adega Entre Os Ríos, presentan este servicio cargado de inventiva, frescura y naturalidad.

Mediante reservas, grupos de hasta veinte personas podrán disfrutar de la combinación de menús hechos a su medida, de la grandiosidad de la Finca y Hotel Rural Entre Os Ríos y de la esmerada atención de Nacho, David, César y Lissette. Experiencias Gastronómicas ofrece opciones de encuentros para parejas, amigos, grupos de empresas, presentaciones y degustaciones, todo ajustado a las exigencias de cada grupo y con alternativas de espacios múltiples a combinar: desayunar a orillas del río, cenas románticas en pequeño velero, comidas en el salón de la bodega, cenas preparadas en antigua lareira y mucho más.

Las reservaciones pueden realizarse hasta con 24 horas de anticipación a través de la página web
www.experienciasgastronomicas.es o a través de los teléfonos 981107530/ 687746302/ 686063249.

Adega y Hotel Rural Entre Os Ríos cuentan con más de diez años de experiencia en la atención a huéspedes y visitantes y ahora amplían su abanico de servicios ofreciendo a sus clientes la oportunidad de vivir auténticas “Experiencias Gastronómicas”.

Web relacionada: http://www.entreosrios.com

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado 29 de maio, Memorial Alberto Villaverde. Na Fieiteira ás seis da tarde

Rianxo: petróglifo dos Campos, "que está como se non estivese"

26.5.10

Ribeira: a dorna local Áncora, gañadora do Campionato de Primavera de Dornas a Vela

Sanidade: a segunda concentración para pedir celadores no Hospital da Barbanza, o luns 31 de maio

O próximo luns 31 de Maio de 2010 os traballadores do Hospital da Barbanza volverán a concentrarse para solicitar a categoría de celadores para o centro.
"Non faltes, aféctanos a todos", piden na súa web.
A anterior concentración foi o 30 de abril. Houbo movementos políticos e peticións varias, mais a categoría de celador segue sen ter presenza no hospital de referencia desta bisbarra. En Certo publicamos varias novas ao respecto, que poden atopar en http://certo.posterous.com/?sort=&search=celadores

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a Consellería do Mar organiza xornada de portas abertas hoxe e mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira

Esta iniciativa realizarase entre hoxe e o 28 de maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, nas escolas oficiais Náutico-Pesqueiras de Ribeira, e Ferrol e no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa)

Ribeira, 26 de maio de 2010.- A Consellería do Mar potencia e divulga a súa oferta formativa a través dunhas xornadas de portas abertas que se celebrarán entre hoxe e o 28 de maio nos catro centros da súa competencia, o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, de Vigo; a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e informar da oferta de cada centro e amosar as súas instalacións a futuros alumnos e alumnas.

Hoxe e mañá serán a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o Igafa os que dean a coñecer as súas ensinanzas. O centro de Ribeira pode visitarse en horario de mañá e tarde e nel ofrecerase un percorrido polas instalacións, guiado por persoal do centro para informar aos visitantes das diferentes ensinanzas que imparte, das súas saídas profesionais e do funcionamento das instalacións. Ademais os visitantes terán a oportunidade de ver dúas exposicións. Unha delas de motores reais en miniatura feitos artesanalmente e que conta con vídeos de mostra no que o autor explica o proceso de fabricación. Nesta mostra tamén se poderán observar aparatos náuticos antigos. A outra exposición é fotográfica e sobre a cultura tradicional mariñeira e a recuperación da memoria etnográfica da poboación mariñeira de Aguiño.

No Igafa presentarán a súa oferta atendendo aos colectivos de alumnos/as, de equipos directivos e docentes de centros de educación secundaria e a empresas específicas de acuicultura e mergullo. Isto último, realizarase a maiores no mes de xuño para propoñer novas liñas de colaboración ou melloras nas xa existentes na actualidade e abrir un foro de suxerencias sobre necesidades formativas e/ou liñas de futuro. Para poder ver o centro hai dúas quendas de visita, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas.

Mañá 27 de maio e o 28 será o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo o que abra as súas portas para presentar a súa oferta formativa da familia profesional marítimo-pesqueira, ciclos medios e superiores de ponte e máquinas e certificados de Profesionalidade de Pesca e Mercante. Farano fundamentalmente para alumnos de centros de educación secundaria e bacharelato, sobre todo procedentes de zonas tradición pesqueira, coa intención de que coñezan as instalacións do centro, as aulas de simulación, de pesca, de navegación, de GMDSS, de motores, etc. e que vexan o tipo de traballos que realizan os alumnos. A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol realizará estas xornadas o día 28 de maio.Tamén para expoñer a súa oferta formativa e presentar as súas instalacións, entre elas a aula de seguridade. A maiores, o 4 de xuño, este centro volverá a abrir as súas portas coa mesma finalidade.

Con este tipo de iniciativas, a Consellería do Mar busca dar a coñecer os centros da súa competencia, para a captación de alumnado e para poñer en coñecemento do sector pesqueiro as titulacións que se imparten nestes centros.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda analiza as últimas decisións políticas

O artigo "O último coito" (non ten nada que ver cos contos eróticos de Susana Moo) está en http://certo.es/index.php?page=o_ultimo_coito

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

25.5.10

Porto do Son: reglamento de La protección obrera, en 1901

Atópase no Museo do Mar de Vigo.
A imprenta que o sacou do prelo estaba en Noia (R. y Blanco).
Xa choveu!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: a Sociedade Galega de Historia Natural dalle un enorme tirón de orellas aos políticos


Foto: Joaquín Vilas (Panoramio)

Barbanza-Noia, 25 de maio de 2010. Este pasado 24 de maio, nunha comisión parlamentaria, en pleno Parlamento de Galicia en Santiago, onde reside a soberanía popular galega, ou debía residir, Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, dixo, entre outras cousas:

... A crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do territorio... e de todas as rexións do “Espazo Atlántico” da Unión Europea, Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do seu espazo costeiro.

.... Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de Vilagarcía.

A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007... paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL.

... O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular.

... Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan... De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios sobre outros.

... a súa principal carencia (é que) ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de reposición da legalidade urbanística... Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial.

... A SGHN considera preciso que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM, dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron.

No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

... Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a 62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL.

... A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público.

É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora.

... En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental. Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios inspiradores ou obxectivos xerais do POL:

“A transparencia e o respecto, por que sen respecto ás normas e convencións rexionais, nacionais e internacionais democráticamente aprobadas, a convivencia, a paisaxe e o medio ambiente deterióranse, moitas veces de xeito irreversible”.

O texto íntegro da intervención está recollido no PDF SGHN_Comisión_Parlamentaria_POL

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical