"Lembranzas do mar" interpretada pola Escola de Música rianxeira
o HORA: 20h30
o LUGAR: Auditorio de RianxoPode que tamén lle interese:

Entroido: bases do Certame de Carrozas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"Lembranzas do mar" interpretada pola Escola de Música rianxeira

Entroido: bases do Certame de Carrozas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Muros, 7 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e a alcaldesa de Muros, Caridad González, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos para a recuperación do camiño real na parroquia de Esteiro, ao seu paso polo río Maior. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 80.782 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.
Acompañada polo concelleiro de Obras, Manuel Bartolomé, e un técnico municipal, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultado das actuacións levadas a cabo con estes fondos. O proxecto consistiu na recuperación medioambiental do camiño real e das ribeiras no seu encontro co río, na restauración dos antigos pasais que unen as marxes, na pavimentación do camiño no tramo de Reboredo e na construción dun paso peonil na zona inundable para comunicar os pasales coa zona seca. Ademais, mellorouse a sinalización.
A actuación permitiu paliar o estado de degradación no que se encontraban algúns puntos desta área, onde mesmo se chegara a producir un vertedoiro incontrolado. Tamén se mellorou a comunicación no entorno, co fin de darlle uso a esta antiga calzada de orixe romana. Apostouse, en definitiva, por poñer en valor un espazo ata o de agora contaminado e abandonado a través da recuperación da calidade paisaxística e medioambiental.
A delegada aproveitou a súa estancia no municipio para manter un encontro de traballo coa rexedora para analizar os proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais. Nesta reunión, González trasladoulle as demandas da localidade, ante as que Do Campo expresou o seu compromiso de estudalas e de traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.
Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 7 de febreiro de 2012. Este mércores, 8 de febreiro, entre as 12:30 e as 13:00 h, na Casa de Cultura de Noia terán lugar os seguintes actos:
Presentación da exposición ENTRE AMIGOS. Fotografía etnográfica dos socios e socias do Museo do Pobo Galego. Á presentacion asistirán representantes do Concello de Noia e do Museeo do Pobo Galego.
A mostra estará na Casa da Cultura ata o venres 17 de febreiro
Presentación do XI Certame literario de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos. Este concurso é convocado polo Concello de Noia, organizado por Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 6 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia retoma un ano máis o programa de educación ambiental Coñece as Illas Atlánticas, dirixido a alumnos de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Nesta edición 400 alumnos de 12 colexios dos municipios de Vigo, Bueu e Ribeira (concellos da área de influencia socioeconómica deste espazo protexido) coñecerán os valores naturais e culturais deste espazo natural, dun xeito ameno e cunha metodoloxía participativa.
Eurante este mes de febreiro, un equipo de guías interpretes do Parque Nacional mostrará aos rapaces no propio centro educativo os valores naturais do parque coa axuda de imaxes e vídeos e lles proporán unha serie de actividades coas que se pretende que os estudantes se impliquen e conciencien sobre a conservación deste espazo protexido.
A quenda para os de Ribeira, en concreto para o colexio "Sagrado Corazón" de Castiñeiras, é o vindeiro xoves 16 de febreiro. Os alumnos dos colexios asistentes, que previamente solicitaron a inclusión neste programa, participarán nun concurso cuxo premio consistirá nunha visita guiada a un dos arquipélagos do Parque Nacional, que se fallará a finais deste semestre.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Outes, 4 de febreiro de 2012. O vindeiror sábado 11 de febreiro, ás 12 da mañá, a asociación Terra de Outes vai levar a cabo a inauguración do Muíño Grabiel, cuxa restauración levou a cabo coa axuda da Deputación da Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Barbanza-Noia, 4 de febreiro de 2012. Activistas da Fundación Equanimal sabotearon esta mañá por sexto año consecutivo o Campionato de España de Caza de Rapososque tivo lugar desta volta nos montes da contorna de Rois, Lousame, Brión, Padrón, Ames e Noia.
Todos os anos os cazadores, explican dende esta fundación, "amosan a súa hostilidadesobre quen defendemos aos animais e incluso a cámaras de TV. Durante a xornada de hoxe houbo novamente tensión nos montes galegos: os cazadores intentaron obstaculizar o traballo dos activistas de Equanimal e mesmo pincharon as rodas dos coches a variosdeles. Solicitaron, asemade, a membros da Garda Civil que realizaran identificacións e rexistros indiscriminados, que nos pararan os vehículos e mesmo nos intimidasen". Os cazadores, explican, "esforzáronse especialmente en ocultar toda a información relativa ao campionato: indicaron unha data falsa na súa web e tampouco especificaron en que lugar se concentrarían antes e despois da cacería". Malia todo, activistas chegadosde todos os puntos do estado salvaron a algúns raposos das balas dos cazadores. O obxectivode Equanimal é salvar o maior número de vidas posibles e reivindicar a abolición da caza, así como o cese de apoios das institucións como a Xunta e do fomento que se pretende na novalei de caza entre os menores. "Para construir un mundo respetuoso e sen violencia temos que rexeitar prácticas como aa caza, pois perpetúan valores de indiferenza e desprezo co padecemento de outros individuos e que provocan a morte e sufrimento de millóns de animais. Debemos educar ás vindeiras xeracións no respeto, con independencia da súaraza, sexo ou especie á que pertenzan", rematan os de Equanimal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de febreiro de 2012.- A presentación do libro “Santa María del Cabo de Corrubedo (coto del mismo nombre)” congregou na noite de onte na Casa do Mar da parroquia a máis dun cento de veciños que non se quixeron perder un acto que contou coa presenza do autor da obra, Francisco Sánchez Fraga, co deputado provincial Santiago Freire, co alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e co senador e ex-alcalde José Luis Torres Colomer.
Editado pola Deputación Provincial de A Coruña, o libro traza a través das súas 210 páxinas ilustradas con máis de 350 fotografías unha completa radiografía do cabo e o pobo de Corrubedo. Segundo manifestou Francisco Sánchez Fraga, esta publicación “es ante todo la expresión máxima de mi cariño por Corrubedo y del respeto por sus gentes, entre las que tengo familiares y amigos”. En especial, salientou a colaboración recibida de Fernando Vilariño, quen lle fixo partícipe das investigacións particulares que el levara a cabo, e do finado Francisco do Ranco, home que con 95 anos lle relatara numerosos detalles do modo de vida das xentes do pobo na época da súa xuventude.
Santiago Freire quixo felicitar a Francisco Sánchez por este gran traballo, mentres que Manuel Ruiz Rivas puxo de manifesto a grande importancia que teñen publicacións como esta para que non caia no esquecemento a longa historia de Corrubedo e do municipio riveirense en xeral. “É importantísimo recordar o que fixeron por nós os nosos antergos”, dixo.
Dende o ano 919
O autor, profesional na reserva do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Guardia Civil, relata a historia de Corrubedo dende o primeiro dato coñecido no ano 919, no que aparece como señorío dependente do mosteiro de San Paio de Compostela, e vaise demorando ao longo de 45.000 palabras en distintos aspectos ligados coa localidade, como as súas lendas, a vida e costumes dos habitantes do pobo (incidindo en cuestións diversas como as súas actividades cotiás, os seus alcumes, as súas casas ou as súas marcas de pesca), a beleza das súas paisaxes e os seus naufraxios.
Naufraxios
A este último respecto, Sánchez Fraga cataloga ata 150 incidentes marítimos graves nas súas costas, que causaron a perda de máis dun centenar de buques e centenares de mortos. Entre eles, o autor destacou onte os tráxicos naufraxios do Captain (afundido en 1870, 472 mortos e 18 sobreviventes), o Dom Pedro (afundido en 1895, 89 mortos e 39 sobreviventes, algúns deles rescatados por dornas de Corrubedo) e o Salier (afundido en 1896, 281 mortos, ningún sobrevivente).
Valentín Paz Andrade, homenaxeado este ano nas Letras Galegas



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia