30.3.08

Non somos ninguén

Tampouco na prensa histórica. Moi boa a iniciativa da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, pero puxémonos a buscar algo sobre a comarca, ou arredores e nada. De 12 títulos, anoten: case todos de Lugo -incluso Mondoñedo-, apenas de Ourense, e só La Voz de Galicia en Coruña. Poden ollalo vostedes mesmos aquí.

Lemos en "A Voz do Pobo" (do Partido Comunista de Galicia) do ano 1969 que houbo inundacións en toda Galicia. E reclaman (en castelán) liberdade para a lingua e cultura galegas.
Parece mentira que pasaran 40 anos.
O exemplar de La Voz de Galicia está tomado da Biblioteca de Córdoba (???) e é de 1940. O logotipo das frechas das Jons e unha nova sobre actividades no Juan Canalejo indícanos ben en que época estamos. E Juan Canalejo segue a chamarse o máis famoso hospital coruñés.
Parece mentira que pasaran 70 anos.

Sobre Barbanza: seguiremos esculcando.

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical