Incertidumes que temos:
1.- Canta xente leu este cartel?
2.- Quen nos di que non o puxeron despois de que aparcaron os coches?
3.- A sinal está clara, prohibido aparcar: ademais de ter o coche inundado, debería poñérselles unha multa aos donos dos vehículos?
4.- Alguén malintencionado arrincou este cartel e non o viron os afectados?
5.- Alguén de Galicia Bilingüe protestou porque o cartel só está en galego?
6.- Portos de Galicia, que ten que ver nisto?
7.- Alguén lle pediu ao Nazareno que non subise a marea ata que recuperase o coche?
8.- Pensou algún concesionario da zona en vender coches híbridos, que naveguen pola ría, camiñen polo monte e circulen pola estrada?
Resposten vostedes, que a nós danos a risa...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario