10.9.09

Quico Cadaval, na nova serie sobre xornalistas da TVG

MAKING SON from SonCine on Vimeo.

Non o demos atopado no tráiler, pero si ao ex "Tonecho", Víctor Fábregas, un actor ben coñecido en Porto do Son pola colaboración con SonCine. É o vídeo que vos poñemos logo do tráiler.

Posted via web from certo's posterous

2 comentarios:

Toño Calo dijo...

Víctor Fábregas será o redactor de deportes do xornal sobre o que versa esta nova serie da Galega, o seu personaxe chamarase Antonio "Esteiro". Na serie tamén estará o actor de Muros, Xosé Manuel Olveira "Pico", que fará as veces de director do xornal, co personaxe de Horacio Oliveira. Pico foi o actor convidado ao terceiro traballo de SonCine, curta que se ía chamar "Ti non es meu pai" como dixerades nun antigo número da revista, e que, da última vez que se falara do tema, ía mudar o nome por "Mar", inda que non hai noticias de cando se estrea (se ao final se estrea, claro).

A ver que sorte ten a serie, comeza como todas as que merca/produce a TVG, 13 capítulos de entrante e logo, se vai ben a cousa, seguen con ela. O que se pode ver no adianto, a primeira vista resulta un tema interesante para ver (digamos que a primeira impresión é un "Periodistas" da época boa de TeleCinco).

Como nota curiosa, coméntovos que a serie cando andaba en fase de presentación no VI festival de Cans (o de Porriño, en Nebra tamén hai unha aldea co mesmo nome) denominábase "Última Hora", pero ao final trocan o título para deixar o nome do xornal da serie "O Nordés"... nome que algún do BNG de Porto do Son, ou das proximidades, seica se lle fará un chisco coñecido.

Outra curiosidade que se pode ver no adianto da serie é cando Monti Castiñeiras (co personaxe de Mateo Rúa, subdirector do xornal) guinda as cinzas ao aire nuns penedos preto do mar e estas caen co golpe de vento riba da outra actriz (senón me erro é Ledicia Sola, que tería o papel de Eva Mouzo, redactora xefe de Local)... unha escena semellante foi descartada dos guións previos da curta de "Making Son".

E para rematar, diría que Quico Cadaval aparece no minuto 3:24, con camisa laranxa... pero xa hai que non o vexo, e da última vez que o tiven preto ía barbeado así que podo enganarme.

Unknown dijo...

Unha escena semellante... plaxio? casualidade? Mira que somos xornalistas e só vemos o malo!

Home, Enfeitizador, déronche o recado do Posterous?

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical