3.11.09

Lingua galega: Xerais anuncia novo dicionario

"Tras nove anos de traballo aparecerá a finais do mes de novembro o «Gran Dicionario xerais da Lingua», a obra máis ampla da lexicografía galega. En dous tomos e 2462 páxinas, recóllense 100.000 entradas, etimoloxía e transcrición fonética. O Gran Xerais aparece cunha importante oferta de lanzamento. Até o 31 de decembro de 2009 terá un prezo de 80 €, a partir do 1 de xaneiro de 2010, de 110 €" (vía Facebook)
E nós, que deixamos de saír en papel hai un ano, preguntámonos: ten sentido coas TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) actuais sacar un produto así en dous tomos? E máis sabendo que en liña podes consultar o da Real Academia Galega e o Estraviz cun simple engadido ao navegador? Ou irte á web de Ir Indo e consultar digalego.com e agora tamén poñelo como buscador no navegador?
Quen emprega hoxe dicionarios en papel se calquera profesional ten que escribir todo nunha computadora?
Mudaron moito as cousas dende hai nove anos. Na foto, ademais da metedura de pernil dos que fixeron o folleto publicitario -galego falantes non eran, non- poden decatarse de que ata cambiou a normativa, polo que agora Xerais terá un c menos no seu dicionario.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical