O concello de Boiro aprobou o pasado 14 de xaneiro a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia dentro da campaña conxunta a prol da compra pública responsable que desenvolven ámbalas dúas organizacións nos principais concellos de Galiza. Con esta acción, o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos. A Compra Pública Responsábel nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social.
En conxunto, a aplicación da Compra Pública Responsábel introduce criterios éticos relativos ao cumprimento de convencións internacionais e estándares sobre condicións laborais, como no caso dos produtos de comercio xusto; desenvolve modelos de consumo máis respectuosos co medio ambiente, minimizando o impacto ambiental do consumo municipal e contribuíndo a mellorar a calidade de vida a través do predominio de criterios ambientais; incide na calidade do emprego, na perspectiva de xénero e na contratación de persoas con discapacidade ou na inserción nos bens e servizos contratados polas administracións; introduce o apoio ás empresas de economía social, entendidas como aquelas empresas que contan con procesos de xestión democráticos e participativos, que priman as persoas e o traballo sobre o capital na repartición das rendas e teñen como finalidade o servizo aos seus membros e á colectividade antes que o lucro.
As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a pobreza e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou non cumpren cos dereitos humanos.
Por esta razón, Amarante e Verdegaia demandan un consumo responsable tamén na administración pública galega a través da campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos (Xunta, Deputacións e Concellos ) na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e medioambientais nas políticas de contratación.
No marco internacional e da Unión Europea, a lexislación permite incorporar os criterios sociais, ambientais e éticos nas distintas fases da contratación. Existen tamén múltiples programas e selos (Cites, Procura +, Respiro, etc.) que facilitan que as administracións públicas poidan facer un uso responsable dos recursos económicos.
Comentários
Adicionar novo Busca
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario