20.1.10

Ribeira: Aguiño pon en Internet o que ten que conservar

Patrimonio

Aguiño, unha parroquia ligada ao mar, un patrimonio que conservar.

Aguiño é unha comunidade dependente da pesca que conta cunha longa tradición histórica vinculada ao mar e aos seus recursos, o que deixou unha forte pegada na localidade. Como consecuencia desa relación vital das súas xentes coa actividade pesqueira, Aguiño conta cun patrimonio mariñeiro de gran valor cultural, histórico e social. A Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño, consciente da importancia destes vestixios históricos, e da súa preservación, levou a cabo un proxecto encamiñado a achegar á sociedade a riqueza patrimonial da súa parroquia. Con este proxecto, que foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Confraría tratou de universalizar este patrimonio cultural, incrementar o coñecemento social, concienciar da importancia da súa labor e valorizar a súa implicación na procura da conservación da cultura mariñeira.

A recompilación e dixitalización deste patrimonio popular, de gran tradición e valor, constituía unha débeda pendente da historia pesqueira de Aguiño. A labor desenvolvida pola Confraría permitiu saldar dita débeda e contribuíu a garantir a preservación e difusión futura do patrimonio mariñeiro de Aguiño.

 

Documentación

Imaxes

Rutas de visita

 

A dixitalización dos contidos incluídos nesta sección foi cofinanciada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, así como polo Plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical