20.1.10

A Pobra do Caramiñal: mámoas arrasadas en Moldes

   A  modo de vándalos ,  os fragueiros  irrompen  nos sacros piñeirais profanando as “célticas mámoas”  como Valle-Inclán lles chamaba.

   Os rústicos ignoran onde poñen os pés,  e por tal motivo, non cometen sacrilexio ó cabalgar coas máquinas  por riba da tombas dos seus antepasados remotos.

Son ignorantes. Van ao seu.

Os que cometen o pecado de violación e profanación  son os responsables municipais pola ineptitude de non ter inventariadas e sinaladas as necrópoles megalíticas das súas toutas. E no caso de que algún ás teña, a ineficacia da norma, — como  sempre—  deixa  sen efecto tal inventariado.

Como observarán nas fotos, o asilvestrado  furacán das máquinas de ferro que pasou por Campos Doces, en Moldes,  arrasou cos nobres piñeirais e cabalgou por enriba dos milenarios mausoleos  sen que as motoserras, tratoristas , fragueiros e Alcaldes ou concellais de cultura, botasen un réquiem pola alma dos seus prehistóricos defuntiños.

De non botar man destes vestixios, cando cheguen as vandálicas niveladoras  para o  “macropolígono” Ribeira-Pobra,  levarán consigo  gran parte das referencias históricas deste apéndice barbanzán.  Gloria e desgraza  destes gloriosos días, onde a calidade intelectual dos rexedores e séquitos acompañantes, — encargados de empurrar o nivel  cívico e  cultural dos seus rabaños—, merecen a nota do  “enchufado”.

Domingo Regueira

Nota:  Neste caso  —aínda que está na divisoria Ribeira  A Pobra—,  o territorio onde se atopan as mámoas maltratadas, pertence  á Pobra do Caramiñal.

Relacionado: A pedra de Bullosa, abandono en Boiro

O templo da Granxa, en Oleiros, Ribeira, desaparecido

Entrevista relacionada: "Os que máis patrimonio destrúen son as administracións públicas", aquí

Artigo relacionado:  Arqueoneixón aborda os problemas do turismo arqueolóxico na Barbanza, aquí


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical