31.1.10

Lingua galega: Vinte Dez TV (O Son) e Aguiño (Ribeira) nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística

Non se perdan a presentación (hai que ir dándolle ao play para adiante)

Comentan nesta entrada:
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística presentáronse onte nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Vinte Dez pechou unha xornada na que os asistentes puideron coñecer máis polo miúdo proxectos que destacan por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo por medio de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, etc. e da colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os centros premiados foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara,profesorado de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s. Ademais, foron recoñecidos cun accésit o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; e o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos".

E informa a Xunta de Galicia:
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou as Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, dirixidas ao profesorado implicado na elaboración dos proxectos gañadores destes premios. Durante a súa intervención, Anxo Lorenzo incidiu na importancia de poñer en marcha estratexias de dinamización lingüística a través das que fomentar o uso do galego no sistema educativo. O secretario xeral tamén fixo fincapé durante o seu relatorio, A dinamización lingüística nos centros de ensino. Estratexias básicas do dinamizador, na necesidade de traballar en rede, co fin de conseguir “unha maior conexión entre os axentes dinamizadores, así como un maior aproveitamento dos recursos”.

Anxo Lorenzo estivo acompañado na inauguración das xornadas polo subdirector xeral de Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Xosé Graña. Posteriormente, o catedrático de Educación Secundaria Felipe Zayas ofreceu un relatorio centrado na competencia en comunicación lingüística e mais na competencia dixital. Xa durante a tarde, o profesorado presentou os proxectos gañadores dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística e mais as medidas que se están a levar a cabo nos centros para fomentar o uso da lingua galega.

Iniciativas innovadoras para promover o uso da lingua galega
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística destacan, principalmente, por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo. As iniciativas gañadoras botan man de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, entre outros. Así mesmo, todas elas se caracterizan pola súa colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os sete centros galardoados deste ano, que recibiron un premio de 3.000 euros, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.

Debido á calidade e á cantidade de proxectos presentados este ano, concedéronse un total de catro accésits de 1.000 euros cada un. Estes recoñecementos foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.

As iniciativas dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos na web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.>

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical