3.3.10

Curiosidades: crean unha empresa para alugar galiñas



Se ten seis galiñas e un galo, o seu é vicio ou unha granxa en condicións

Si, para ter oviños da casa (e non eses que che venden como tales e a saber de que galiñeiro industrial son, que hai moito pillabán por aí). Se tes un terreniño, e non demasiada paciencia (dirán o que queiran pero as galiñas atúranse mellor que a algúns políticos), poderás ter ovos frescos cada día. Que te encaprichas con ela (no bo sentido, no bo sentido), pois mércala e quedas coa galiña. Que non? Devólvela e non pasa nada. Toda a información en http://www.alquilaunagallina.com. Ignoramos se teñen pensado montar franquicias en Galicia...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical