3.3.10

Política: o Psoe propón que se faga pública a actividade e o patrimonio dos políticos a través de Internet

Lage Tuñas propón que os galegos poidan coñecer a través de internet e do Diario Oficial de Galicia o patrimonio e as actividades económicas privadas dos membros do goberno galego e d@ deputad@s

  • -O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage dixo hoxe que “propoñemos a publicación no Diario Oficial de Galicia e en internet das actividades, bens patrimoniais, rendas e intereses dos xestores públicos como unha medida necesaria para facilitar o control sobre a actividade política para o conxunto da cidadanía”.

    Lage Tuñas afimou que “a finalidade específica desta proposta que facemos os socialista galegos é dar a coñecer á cidadanía cales son as rendas, e a súa orixe, percibidas polos cargos públicos, durante o seu mandato, así como as variacións experimentadas no seu patrimonio, durante o mesmo período, e tamén, por último, dar a coñecer as súas actividades e intereses privados para que poida comprobarse que non queda supeditado a estes, o interese público que han de servir.”

    -A publicidade inherente á vida democrática somete a quen voluntariamente participa na vida pública a uns controis moi superiores aos que debe soportar o cidadán na súa vida privada.”


    -”os cargos públicos temos que dar exemplo coa nosa conducta e coa transparencia na nosa actividade pública para facer posible un sistema democrático con maior calidade e credibilidade”.

    -O portavoz da Área Institucional do PSdeG agarda que “o resto dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta de Galicia apoien a nosa iniciativa. “.

    Santiago, 3 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou hoxe en rolda de prensa, unha Proposición Non de Lei na que propón a publicación no Diario Oficial de Galiciados bens, rendas, actividades e intereses dos cargos públicos da Administración Autonómica e das súas sociedades, empresas e entes dependentes, así coma dos deputados e deputadas do Parlamento Galego.

    Lage Tuñas argumentou que “as obrigas que temos como representantes e xestores públicos no noso País teñen que ser acordes coa esixencia de incrementar a calidade do noso sistema democrático e para iso a transparencia e a información son claves”.

    O deputado do PSdeG lembrou que “na pasada lexislatura comezaron a darse pasos importantes coa aprobación da Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas e co Decreto 205/2008 que regula o rexistro dos altos cargos, pero a sociedade demanda maiores cotas de transparencia e información sobre a actividade dos cargos públicos e é a nosa obriga escoitar as demandas sociais identificadas co interese público”.

    O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista afirmaba hoxe que “dar a coñecer á cidadanía a través do Diario Oficial de Galicia, as rendas, e a súa orixe, percibidas polos cargos públicos, durante o seu mandato, así como as variacións experimentadas no seu patrimonio, durante o mesmo período, e tamén dar a coñecer as súas actividades e intereses privados, non invade dereitos constitucionais e sí favorecería unha maior capacidade de transparencia e control sobre a actividade dos cargos públicos do noso País.”.

    Lage Tuñas defendeu que “de xeito anual se publiquen as posibles variacións existentes no patrimonio e bens dos cargos públicos (membros do Goberno galego e deputados/as), a través do Diario Oficial de Galicia e en Internet”.

    “Agardo que o resto dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta de Galicia apoien a nosa iniciativa. “ apuntou o deputado do PSdeG.

    Lage Tuñas subliñou que esta proposta “é unha aposta que os deputados e as deputadas do Parlamento de Galicia deberíamos facer a prol pola transparencia, en canto esta facilita a confianza da cidadanía nos seus representantes, en quen goberna e dirixe a xestión dos asuntos públicos”.

    “A mellora da calidade do noso sistema democrático terá que sustentarse nunha maior participación dos cidadáns na esfera pública, nunha maior proximidade entre os representantes electos e a cidadanía, e tamén no acceso á información das administracións a través dos rexistros públicos correspondentes”, afirmaba hoxe o deputado socialista nunha rolda de prensa.

    Extracto da PROPOSICIÓN NON DE LEI :

    Co ánimo de contribuir a mellorar a normativa existente en Galicia sobre transparencia e publicidade das actividades, rendas, patrimonio e intereses dos cargos públicos do noso País presentamos esta proposición non de lei para o seu debate en Pleno do Parlamento de Galicia:


    O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a:


    1.-Presentar, no prazo máximo de dous meses, un proxecto de lei que regule a Publicidade dos Bens, Rendas, Actividades e Intereses dos cargos públicos da Administracción Autonómica e das Sociedades, Empresas ou Entes dependentes da Xunta así como dos Deputados/as do Parlamento de Galicia.

    2.-Incluir no citado proxecto a publicación anual no Diario Oficial de Galicia das correspondentes declaracións de bens, rentas, actividades e intereses.

    3.-Incluir no citado proxecto a obriga de facer públicos no Diario Oficial de Galicia, os bens, actividades, rentas e intereses dos altos cargos da Xunta de Galicia e dos/as deputados/as no momento do seu nomeamento e do seu cese, e tamén durante os dous anos seguintes ao cese.

    4.-Facilitar a tódolos cidadáns a través de internet o acceso aos datos de bens, rentas, actividades e intereses dos cargos públicos da Adminisracción Autonómica, coa obriga da súa actualización ao mesmo tempo que son publicadas as correspondentes declaracións anuais no Diario Oficial de Galicia.

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    No hay comentarios:

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical