3.3.10

Mar: identificaron a 18 presuntos furtivos,incautaron 60 trebellos e comisaron 52 quilos de marisco en Cabo de Cruz e Rianxo

A intervención realizada en Cabo de Cruz e Rianxo desenvolveuse en colaboración coa Policía Autonómica e os vixiantes das confrarías destes lugares

Ignoramos se algún dos 18 identificados alegou que estes carteis non estaban en inglés

Boiro-Rianxo, 3 de marzo de 2010.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, lideraron esta mañá un operativo nas concesións de marisqueo das confrarías de Cabo de Cruz e Rianxo que se saldou coa identificación de 18 persoas, coa incautación de 60 útiles e co comiso de 52 quilos de diferentes especies de marisco.

Este operativo desenvolveuse cun buque de apoio e dúas embarcacións auxiliares do Servicio de Gardacostas en coordinación cos axentes da Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) e dos vixiantes das confrarías de Cabo de Cruz e Rianxo.

Estes rastrillos non son os que incautaron: son de mariscadoras legais de A Pobra

Concretamente os axentes incautaron aos furtivos 40 nasas situadas en zona prohibida e sen identificar, 2 rastrillos, 12 sachos, 4 caldeiros, 1 traxe de neopreno e 1 rastro e comisaron 10 quilos de longueirón, 24 quilos de ameixa, 15 quilos de mexillón e 3 quilos de berberecho. Todo o marisco foi devolto ao mar na zona e os Gardacostas levantaron as correspondentes 18 actas de infracción aos identificados. A maiores, 11 persoas foron desaloxadas, sen chegaren a ser identificadas pola súa fuxida.

Un equipo de fútbol fuxiu (decímolo porque once persoas fixeron oco na praia co pensamento "pés para que vos quero?")

Este operativo enmárcase dentro do Plan de Loita contra o Furtivismo que adquiriu unha nova orientación a raíz da Mesa do Burgo celebrada en novembro na Coruña. Dende aquela e como lembrou onte Rosa Quintana en rolda de prensa os operativos realízanse “con menor frecuencia, pero con máis efectivos participantes na procura dunha maior efectividade”. En total, nos operativos especiais levados a cabo trala reunión da Mesa do Burgo e ata hoxe foron identificadas 153 persoas.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical