3.3.10

Música: este venres 5 de marzo, "Noite Kurraleira" en Ribeira con Inllorfeis, Desalojo e Belfastt

O colectivo de Corrubedo "KURRALA ROCK" organiza a última das "Noites Kurraleiras" antes do festival que leva o nome do colectivo (enténdese? ou poñémolo en inglés?)

Este festival ten unha historia un tanto particular: organizábase no curral dun particular. O primeiro ano estivo a "Compañía do Ruido" e mais os de Inllorfeis. Era un festival moi enxebre e ameno: facían churrasco e daban viño e cervexa de balde a todo o que se achegaba. Pero claro, foi medrando, case tanto como a burbulla inmobiliaria, e agora é imposible dar de comer a tanto gorrón (dito sexa con todo o agarimo). Como é totalmente autoxestionado, agora precisan algunha fonte de ingresos e un curral máis grande, así que pasáronse ao campo de fútbol de Corrubedo.

Que fixeron para obter ingresos ultimamente? Un ciclo de concertos no que aproveitan para darlle oportunidade de tocar ante o público a grupos que comezan. Así que xa sabedes, este venres 5 de marzo tedes unha cita musical na Telleira, en Olveira.



Inllorfeis: o punk máis agresivo xurde en Corrubedo e atrona por todos lados. Máis


Cos de Belfastt falamos aquí

E os de Desalojo débennos unha entrevista (ou nós a eles, jeje): http://www.myspace.com/desalojo

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical