Carballo, 25 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas pediu hoxe que “o Presidente da Xunta de Galicia ten que actuar con urxencia e proceder ao cese do Director Xeral da Función Pública, porque a Xunta de Galicia está transmitindo unha imaxe lamentable das oposicións, onde a constante diaria é o coñecemento por diversas fontes informativas dunha ausencia real de garantías de limpeza e imparcialidade”.
O PSdeG DENUNCIA QUE AS OPOSICIÓNS Á XUNTA DE GALICIA ESTÁN CHEAS DE IRREGULARIDADES E PIDE “A NULIDADE DOS PROCESOS SELECTIVOS ONDE HAI GRAVES IRREGULARIDADES, POLA AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE NESTOS PROCESOS SELECTIVOS”
LAGE TUÑAS DIXO HOXE XOVES 25, DURANTE UN ENCONTRO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN CARBALLO (A CORUÑA): “EN DEZ MESES DE GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO A XUNTA DE GALICIA ESTÁ CONVERTINDO AS OPOSICIÓNS EN “NOTICIA DE ESCÁNDALO E VERGOÑA ALLEA”, ONDE AS FILTRACCIÓNS EN EXAMES, OS CAMBALACHES PERSOAIS E A AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE É UNHA CONSTANTE DIARIA”
-O Viceportavoz do Grupo dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, preguntábase ésta mañá en rolda de prensa en Carballo “como o Partido Popular pode xustificar a inmoralidade de que un Presidente dun Tribunal xuzgue e examine aos seus compañeiros de Tribunal. É unha barbaridade, e toda unha declaración de falta de principios por parte de quen está gobernando Galicia.”
-Lage Tuñas denuncia que as oposicións á Xunta de Galicia están cheas de irregularidades e pide “a nulidade dos procesos selectivos, onde hai graves irregularidades, pola ausencia de garantías de limpeza e imparcialidade en varios procesos selectivos”
-O deputado do PSdeG defendeu hoxe aos milleiros de opositores que “viven con rabia e indignación as tropelías que o Partido Popular está amparando dende a Xunta de Galicia.”
José Manuel Lage afirmaba hoxe na rolda de prensa que “os cargos de Facenda siguen participando nas oposicións e serán xuzgados polo presidente do tribunal do que formaban parte os dous xefes de servizo. Unha parte importante das probas selectivas xa se celebraron, co cal examinadores e examinados compartiron tribunais mentras se examinaban entre eles”.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario