Cóntannos que a comisión está composta por xente moza, entre 20 e 24 anos, con moitas gañas de festa. Prometen que haberá sorpresas para os que se acheguen, así como bocatas, bebida, chocolate cos seus correspondentes churros, unha carpa por se a chuvia quere augar a festa, aparcadoiro para todo o mundo e boas orquestras (indicadas no cartel).
Queren que se achegue xente de todo Barbanza, pero se son de fóra, tamén poden. Incluso deben!Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario