19.4.10

Noia: organizan un curso de atención a doentes de cancro e familias o 3 de maio

Noia, 19 de abril de 2010. A Concellería de Sanidade do Concello de Noia, dirixida por Rosa Ana Mariño, organiza un CURSO DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL EN DOENTES ONCOLÓXICOS E FAMILIAS, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro e a Asamblea Local da AECC en Noia.

O obxectivo de dito curso, explícanos o traballador social de Noia David Saavedra, "é ofrecer información e ferramentas para afrontar a enfermidade do cancro tanto a nivel individual como a nivel das familias das persoas doentes. O curso vai dirixido tanto a profesionais como aquelas persoas interesadas nesta enfermidade".

O lugar de  realización será a casa de cultura "Antón Avilés de Taramancos" e o día, o 3 de maio pola tarde. Para máis información e inscribirse, están estes métodos:

Correos electrónicos: saudenoia@gmail.com; saavedrapino@gmail.com

Teléfono: 609.82.31.34

Programa completo:

16:30 – 18:00 Marcos Calvo. Psicólogo. AECC (Santiago). Aspectos psicolóxicos en oncoloxía. Habilidades de comunicación no proceso da enfermidade do cancro. Abordaxe do doente e da familia.

18:00 – 18:30 Descanso.

18:00 – 20:00 Ana Isabel Guillén. Traballadora Social. CHUS. Aspectos sociais en oncoloxía. Recursos.

20:00 – 20:30 Conclusións e peche do curso.

Darase un certificado de asistencia expedido pola Concellería de Sanidade do Concello de Noia.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical