6.4.10

Política: o Psoe volta denunciar as presións do PP para que non dimita ninguén polo escándalo das oposicións

(Nota do PSdeG-PSOE)

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que se precisan "grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches ou reformiñas. A renuncia do Tribunal do grupo A1 veu a dar a razón ás denuncias que levamos facendo nos últimos quince días e é a demostracción de que o escándalo era maiúsculo, xa que examinadores examinados compartían o mesmo Tribunal”.

O PSdeG DENUNCIA QUE “A CONSELLEIRA DE FACENDA NON PODE CESAR AO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA PORQUE CARLOS NEGREIRA E O APARATO DO PP ESTÁN IMPEDÍNDOLLO”.

Santiago de Compostela, 6 de abril 2010. O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, reclamou hoxe á conselleira de Facenda da Xunta de Galicia que “tome decisións inmediatas para restablecer a confianza da cidadanía no sistema de acceso ao emprego público e proceda ao cese do Director Xeral da Función Pública”.

“Máis aínda si temos en conta as declaracións pornográficas que fai hoxe nos medios de comunicación recoñecendo que era coñecedor das irregularidades e inmoralidades que se estaban producindo nos procesos selectivos de acceso ao grupo A1 da Xunta de Galicia.Di Barreiro (Diretor Xeral da Función Pública) que dimiten por alarma social e non porque o Goberno vira nada ilegal, o que é unha auténtica barbaridade, ademais de resultar pornográfico”.

”A Conselleira de Facenda debería cesar inmediatamente ao seu Director Xeral de Función Pública pero témome que non está na súa man, xa que José María Barrreiro é o secretario do PP da cidade de A Coruña, e man dereita de Carlos Negreira, e o aparato do PP non lle deixa á conselleira tomar unha decisión que é necesaria por hixiene democrática”.

Lage Tuñas explicaba no día de hoxe que “a Sra. Fernández Currás é consciente de que é un auténtico escándalo que os dous cargos da súa consellería compartiran tribunal con que os estaba examinando e evaluando nas oposicións de promoción interna do mesmo grupo A1. Por iso deberíamos saber tódolos galegos e galegas si quen goberna o seu departamento é o Sr. Rueda e o Sr. Negreira ou polo contra é ela a conselleira”.

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento recorda que “o director xeral da Función Pública foi consentidor e encubridor do escándalo das oposicións nas que participan dous cargos de Facenda xa que coñecía dende fai tempo a situación de desigualdade e falta de imparcialidade que se estaba producindo, ao terse celebrado unha proba das oposicións compartindo estos cargos de Facenda o tribunal cos mesmos que os examinaban e evaluaban a eles”.

“O Sr. Barreiro (DX Func Pública) estivo encubrindo o escándalo ata que saltou aos medios de comunicación, pero foi coñecedor do que pasaba dende fai meses xa que algúns membros do Tribunal así llo fixeron saber, e él calou a ver si o tema non trascendía”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches ou reformiñas. A renuncia do Tribunal do grupo A1 veu a dar a razón ás denuncias que levamos facendo nos últimos quince días e é a demostracción de que o escándalo era maiúsculo, xa que examinadores examinados compartían o mesmo Tribunal”, afirmaba Lage Tuñas.

O PSdeG defenderá no vindeiro pleno do parlamento unha proposición non de lei con “cambios profundos no sistema de selección de tribunais nas oposicións”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas afirmou hoxe que “o recoñecemento por parte do propio Director Xeral da Función Pública de que tiña coñecemento do escándalo dos Tribunais do grupo A1 da Xunta de Galicia é unha declaración pornográfica que debería escandalizar ao propio Presidente da Xunta de Galicia, e nós imos impulsar dende o Parlamento unha reforma profunda do sistema de oposicións para traballar na Xunta de Galicia”.

“Os cidadáns esperan transparencia e garantías de imparcialidade e limpeza nos procesos selectivos, algo que agora está en cuestión pola neglixente xestión de Núñez Feijóo e do seu goberno”.

”É preciso restablecer as máximas garantías no acceso á función pública galega. Os continuos escándalos ó redor das oposicións á Xunta están xerando unha gran alarma social e introduce desconfianza en moitas persoas que están optando a un emprego público con moito sacrificio persoal, e estudando moitas horas”, sinalou Lage Tuñas, quen tamén aproveitou para recordarlle ao conselleiro da Presidencia e Administración Pública que “o Sr. Rueda (PP) tentou tapar “o escándalo dos dous cargos de Facenda” dicindo que todo era legal e correcto o que demostra como entende él a Función Pública. Creo que o Sr. Rueda faría mellor en preocuparse sobre a posible existencia de máis casos de irregularidades nas oposicións da Xunta de Galicia xa que a alarma social creana eles mesmos dende o Goberno cando consinten e amparan que poidan existir graves sospeitas de irregularidades nas oposicións. Os socialistas o que estamos é protexendo a milleiros de opositores que vén como se producen graves sospeitas e o PP tenta tapar as posibles anomalías”.

Lage Tuñas afirmou hoxe que “Alfonso Rueda leva un ano sendo conselleiro da Presidencia e Admon Pública, e ata que lle puxemos luz ás sospeitas de graves irregularidades nas oposicións, non fixo nada para cambiar nin o proceso de elaboración nin o sistema de tribunais. Agora o que se precisa é unha reforma urxente e profunda da Función Pública e non reformiñas express para sair do paso”.

Lage Tuñas entende que “Núñez Feijóo ten que tomar decisións urxentes porque queda demostrado que nas oposicións á Xunta de Galicia non hai garantías suficientes de limpeza e imparcialidade, tal e como viñamos denunciando”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical