30.4.10

Ribeira: a oficina de Turismo do Malecón abre do 1 de maio ata outubro


A oficina no Malecón

Ribeira, 30 de abril de 2010. A Concellería de Turismo de Ribeira informa de que mañá, sábado día 1 de maio, abrirá as súas portas a Oficina de Información Turística situada no Paseo do Malecón da cidade de Santa Uxía. 

A apertura deste punto de información adiántase en aproximadamente un mes e medio con respecto a outros anos por mor do Xacobeo 2010, xa que co gallo desta conmemoración a Xunta de Galicia concedeu unha bolseira á Corporación Local que estará desempeñando as súas funcións no municipio barbanzano dende mañá ata o día 15 de outubro.  

Durante todo maio a oficina do Malecón estará aberta en horario de mañá de 9 a 14 horas, de martes a domingo; mentres que a partir de xuño funcionará tamén polas tardes.


Oficina na rotonda de Xarás

A dependencia situada na rotonda de Xarás, ao remate da autovía, incorporarase nesta tarefa de proporcionar información turística aos visitantes. Cabe lembrar que o Centro de Interpretación Arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque xa funciona con esta mesma función ao longo de todo o ano.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical