8.5.10

Porto do Son: o 12 de xuño, andaina "Verde Muro", polo Ano Mundial da Biodiversidade

 

.

Aproveitando o carácter conmemorativo do 2010, ano mundial da biodiversidade, a CMVMC de Muro está a organizar a Xornada Verde Muro 10.  Este evento, integra distintas actividades deportivas e culturais, que teñen como nexo común o contacto directo dos/as participantes coa natureza local. O fin último é a reconciliación entre as novas xeracións locais, e a contorna onde residen. A  Xornada Verde Muro 10 é un primeiro paso dentro do roteiro que nos achegue á  natureza que nos deixaron as xeracións pasadas, e con isto, iniciar un proceso de posta en valor da súa riqueza.

.

A Xornada Verde Muro 10 ofrece ás persoas participantes as seguintes actividades:

.

1.- Andaina Popular Verde Muro 10 (hora de inicio da actividade: 9.45h.)

Na primeira actividade do día,  os/as inscritos/as deberán cubrir un circuíto, dende a praia de Seráns (explanada do chiringuito O paraíso), ata a Ermita de San Bieito de Seráns. Como o seu nome indica, nesta actividade o importante non é quen chega primeiro, senón desfrutar da paisaxe mentres o/a participante camiña cara a meta.

Ficha de inscrición andaina verde muro 10

Bases andaina verde muro 10

.

2.- Carreira Verde Muro 10  (hora de inicio da actividade: 11.30h.)

Por primeira vez na parroquia de Muro, propoñemos a organización e realización dunha carreira de monte. O percorrido desenvólvese sobre un circuíto mixto, onde se combinan pasos de madeira costeiros, pistas de barro, camiños irregulares e pista asfaltada.  O circuíto será debidamente sinalizado nas zonas onde así o necesite.  A lonxitude é de 8.5 Km, cun desnivel de aprox. 200 mtrs. O deseño da carreira asegura: 

  • O paso dos/as participantes por zonas de alto interese natural
  • O aproveitamento de camiños históricos e sendas estratéxicas
  • Acadar un desnivel (m.) que destaca a sucesión de biótopos

 Ficha de inscrición carreira verde muro 10

Bases carreira verde muro 10

.

Máis info:

Mapa do percorrido (precísase aplicación Google earth)

Introdución aos adestramentos para carreiras

Plan de adestramento de 1 mes

Exercicios de tonificación

Estiramentos

.

 3.- Xogos tradicionais  (dende as 16.00 en adiante). Con participación libre por parte dos/as asistentes á xornada.

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo, de ahí o interese de introducilos nesta actividade que pretende afondar na creación de grupo e mellorar o clima grupal dos comuneiros/as e outras persoas que participen da actividade. Ademais, os xogos posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.

Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse, e dentro desta xornada deportiva, encaixa ben esta proposta de xogos tradicionais, pois está acorde a tódolos públicos, poidan ou non correr na carreira, e quere dar un remate distinto e máis distendido, onde se xunte todo o grupo de persoas. A actividade realizarase nos arredores da Ermita de San Bieito, e entre os distintos entretementos contamos con:

  • Bólos
  • Petanca
  • Zancos
  • Sacos
  • Aros
  • Tartarugas
  • Baralla
  • Chave

Todas as ligazóns para anotarse, en http://sanpedro.blogaliza.org/2010/05/06/xornada-verde-muro-10/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical