8.5.10

Ribeira: reclaman arranxos en obras mal executadas en tres rúas de Corrubedo e unha reordenación do tráfico

Ribeira, 8 de maio de 2010. O grupo socialista local de Ribeira presentou un rogo ante o Concello logo de reunirse con veciños de Corrubedo, os cales manifestaron a súa disconformidade con obras executadas en tres rúas desta parroquia.

En concreto as rúas son Calle Real, Rúa da Fonte e Rúa do Chaprado, onde se constata que a rasante da rúa se atopa máis elevada que as entradas a determinadas fincas e vivendas, co conseguinte risco de entrada de auga aos bens inmobles.

Tamén se queixan do desleixo e esquecemento da pavimentación dun corredor duns 30 metros que liga a Rúa Real coa Rúa do Porto. Outro tramo sen empedrado quedou entre a Rúa Escorial e a Rúa da Igrexa.

Como se observa nas fotos aportadas, tamén hai moitas deficiencias no alumeado público, con brazos e farolas escachadas, así como falta de mantemento xeralizado, como por exemplo no Manantial e no lavadoiro de Rocapellón, que está nunhas condicións lamentables no que atinxe á salubridade e funcionamento.

O Psoe de Ribeira di que os veciños " transmitiron o seu descontento pola situación da circulación viaria e queren unha reorganización do tráfico, con vías de sentido único polas rúas, xa que son moi estreitas". O grupo socialista insta á alcaldía a que tome en consideración as demandas veciñais en Corrubedo, verifique a incorrecta execución desas obras mencionadas e actúe para arranxar todo e con iso evitar futuras molestias ou incluso sinistros.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical