O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas entende que o candidato do PP de Noia “non representa o sentir da maioría dos votantes do PP, e está actuando de costas ao que quere o pobo de Noia”.
Noia, porto da BarquiñaNoia, 28 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage expuso hoxe a posición socialista sobre a moción conxunta de PP e BNG presentada o pasado venres no pleno do concello de Noia e dixo que “é a primeira vez que vexo dous grupos políticos pedindo que non se fagan inversións nun pobo. É insólito, debería caerlles a cara de vergonza. Os cidadáns deben saber que o candidato do PP de Noia é un irresponsable político”. Lage Tuñas considera que “o candidato do PP de Noia está inhabillitado para volver ser alcalde. Non coñezo ningún responsable público que firmara un documento (MOCIÓN), como fixo el, para pedir que o Goberno non faga inversións no seu pobo. Quedou inhabilitado socialmente, porque puxo por diante intereses diferentes aos intereses xerais de Noia, como é a limpeza e a rexeneración da ría”. O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento entende que o candidato do PP de Noia non representa o sentir da maioría dos votantes do PP, “e está actuando en dirección contraria ao que quere a inmensa maioría do pobo de Noia.” Dende o PSdeG-PSOE consideran “vergonzoso” que o candidato popular de Noia pida paralizar a rexeneración da ría e a eliminación da escollera. Lage Tuñas di que “o candidato do PP fai o contrario do que lle piden os seus votantes, que queren que se limpe a ría e se aproveite a inversión do goberno de España”. O deputado noiés do PSdeG afirma que “todo proxecto é mellorable, pero agora o que toca é aproveitar o proxecto de Costas e rexenerar a ría. Xa haberá tempo para introducir melloras ou facer segundas ou terceiras fases, pero non perdamos de vista que fai máis de 40 anos que Noia leva agardando que algún goberno se acorde de nós, e é agora cun goberno socialista no concello e outro no goberno de España cando é posible e cando hai unha partida económica importante para facer a limpeza da ría e retirar a escollera”. ”Os socialistas co alcalde á cabeza imos seguir traballando para que o Goberno de España invirta en Noia e poidamos levar adiante o proxecto de Costas que permitirá incrementar a producción marisqueira e limpar a ría, devolvéndoa a un estado natural”, subliñou o político noiés, quen tamén lembrou que ”o Goberno socialista de España, a través de Costas, está traballando para que o ano 2011 sexa o ano no que Noia poida comezar a súa recuperación ambiental coa limpeza da ría, e tamén o despegue económico froito do marisqueo e do turismo”. O viceportavoz do Grupo Socialista explica que “o alcalde, Rafael García Guerrero está defendendo o que pensa a inmensa maioría dos cidadáns” e engade que “non descansaremos ata conseguir que se rexenere a ría e se elimine a escollera, imos pelexar ata o último minuto por sacar adiante este proxecto”. Ademais, considera que ”PP e BNG farían ben en escoitar á Confraría ou aos colectivos sociais e empresariais de Noia, xa que os cidadáns noieses levan 40 anos agardando a que alguén limpe e rexenere a ría, e agora que conseguimos unha inversión de 3 millóns de euros do Goberno de España, van eles e opóñense”. “O PP e o BNG están facendo un papelón ao pedir que se paralice o proxecto de rexeneración da nosa ría. Xa llo explicarán aos seus votantes o porqué da súa alianza para impedir o proxecto de limpeza da ría”, argumenta Tuñas. Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”, conclúen. Onte publicamos:
Máis lume co asunto da rexeneración da Ría tralo último pleno E antes:Hai plan ou non para sanear a Ría? Xunta e Bng contradícense

Escollera: Si, ou non?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario