A Pobra do Caramiñal, 14 de xuño de 2010. "Estamos perplexos coa forma de actuar do goberno municipal da Pobra", comezan na súa nota de prensa os socialistas pobrenses ante as actuacións de Isaac Maceiras, o alcalde popular, na reparación dos accesos á praia da Mercé, pedida por este grupo en varias ocasións. Segundo relatan, "o último xoves de maio tivemos un Pleno no que os socialistas solicitabamos que se arranxaran os accesos a praia da Mercé, facendo para elo as xestións necesarias para a obtención dos permisos pertinentes. Pedíamos accesos duradeiros e con larga vida útil. Hai pouco máis de 15 días o PP da Pobra votaba en contra desta proposta, argumentando o seu voceiro que xa o Alcalde falara cos veciños". O Psoe da Pobra argumenta que "é propio dun Alcalde que reciba e escoite aos veciños pero tamén é necesario que informe a corporación Municipal das actuaciones que están a levar a cabo, tendo en conta que o Pleno é o órgano de máxima representación política dos ciudadáns. Consideramos que a forma de actuar do Sr. Isaac é propia dos caciques impoñendo o control absoluto e abusando do seu poder e autoridade". O grupo municipal socialista explica que "estamos a día 14 de xuño e arranxaron minimamente os accesos que lle solicitabamos cando hai uns días votaban en contra dese arranxo. Descoñecemos a procedencia dos fondos utilizados para esta obra, se solicitaron e obtiveron os permisos de Costas, cando hai pouco tempo o argumento que utilizaba o Sr. Alcalde cando os veciños requerian a súa atención, era precisamente que esta actuación estaba no dominio de Costas" e salienta ademáis que "debido á opacidade e o despotismo utilizado polo Sr. Isaac descoñecemos se xa finalizou esta actuación porque para os veciños e para nós está incompleta". Segundo os socialistas, nestas obran falta:
- Que se pavimente a estrada que une a AC-305 coa punta da Mercé, (está destrozada e intransitable).
- Que se fagan uns muros de contención nas escaleiras de acceso a praia, (cando chova un pouco quedarán completamente cheas de terra).
- Que se recupere o tránsito polo camiño que vai dende o pazo da Mercé ata a punta da Mercé, sen deixar nas mans privadas ningunha negociación ca Demarcación de Costas do Estado.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario