14.6.10

Ribeira: convocada unha praza de sepultureiro substituto


Publicidade dun enterrador no libro das Festas de Cures de 2008

Ribeira, 14 de xuño de 2010. O Concello de Ribeira busca unha sepultureira ou un enterrador que cubra a praza vacante mentres non se incorpore o titular ao posto. Para o emprego hai que facer oposición, cun temario composto por cinco capítulos nos que hai que estudar, entre outras cousas, como se traslada un cadáver e requisitos para facelo, así como saber tabicar e ter fundamentos de albanelería, electricidade, fontanería e mesmo carpintería (non, especialización en deseño de ataúdes non piden aínda). Tamén hai que ter o certificado de Escolaridade ou equivalente e saber conducir (permiso B).


Un dos lugares de traballo será o cemiterio municipal

Os candidatos que se "animen" terán que facelo antes do 22 de xuño, data límite para presentar instancias.

Download now or preview on posterous
bases.pdf (92 KB)

Download now or preview on posterous
instancia.pdf (24 KB)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical