14.7.10

Deportes: a Volta ao Barbanza de ciclismo percorre Boiro-Boiro, na memoria de Luís Resúa, este sábado 17 de xullo


Con motivo da competición ciclista, a rúa Principal permanecerá pechada de 09.00 a 11.30 e de 14.30 a 15.00 

Boiro, 14 de xullo de 2010. O salón de plenos do Concello de Boiro acolleu onte á tarde a presentación oficial da “XVIII Volta ao Barbanza. 10º Memorial Luís Resúa”, acto que estivo presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e que contou coa presenza da Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o presidente do Club Ciclista Barbanza, organizador da proba, Ricardo Riveiro; e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, ademais de corredores e patrocinadores. 


A Volta ao Barbanza, que se celebrará este sábado, día 17 de xullo, conta coa participación de vinte equipos, seis deles galegos, aproximadamente uns 130 corredores. A proba desenvolverase sobre un trazado de 146 quilómetros e 500 metros, con saída e chegada da rúa Principal de Boiro (fronte á Casa Consistorial), e pasará por Noia, Portosín, Porto do Son, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño, Mirador da Curota, Oleiros, Ribeira, Palmeira, A Pobra, Escarabote e finalmente rúa Principal de Boiro. 

O Presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, agradeceu especialmente o esforzo do Concello de Boiro e de tódolos patrocinadores e colaboradores, xa que debido á situación actual o orzamento para efectuar a proba veuse reducido nun 15%. 

Cabe sinalar que, con motivo da competición, a rúa Principal de Boiro permanecerá pechada ao tráfico o sábado de 09.00 a 11.30 horas e de 14.30 a 15.00 horas, polo que os vehículos terán que tomar os desvíos alternativos. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Se non pasan por Nebra, haber como fan?

Asina un atravesado

Xan Perillán dijo...

Ah, pero Nebra onde queda? Agora é Cando, Nebra é onde? É que con este lema xacopeo estou confuso. ;)

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical