Dous autónomos en plena actuaciónBarbanza-Noia, 27 de xullo de 2010. No mes de agosto continuará o ciclo de “Xornadas de Busca Activa de Emprego” organizadas pola UPD da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Barbanza-Noia en colaboración cos concellos do Pacto e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar. O vindeiro día 3 dará comezo a segunda das accións formativas que compoñen o ciclo e que leva por nome: “Como afrontar unha entrevista de traballo”. Esta terá lugar en horario de mañá e nela trataranse os aspectos básicos a ter en conta á hora de presentarse a unha entrevista. A acción formativa desenvolverase en todos os concellos do Pacto, previsiblemente nas seguintes datas: * Ribeira: 3 de agosto.
* Boiro: 4 de agosto.
* A Pobra do Caramiñal: 5 de agosto.
* Lousame: 9 de agosto.
* Rianxo: 10 de agosto.
* Outes: 11 de agosto.
* Porto do Son: 12 de agosto.
* Noia: setembro. O ciclo completarase con outras xornadas, a impartir nos próximos meses (datas por determinar): 1.- “Pasos para a creación dunha empresa”
2.- “Como darlle forma á túa idea empresarial (Plan de empresa)”
3.- “Xornadas informativas sobre subvencións”. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas participantes na primeira das accións formativas. Todas as xornadas teñen carácter gratuíto. A xente interesada en anotarse pode facelo no seguinte teléfono: 981 84 18 26 (en horario de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou a través do correo electrónico: info@updbarbanza-noia.org
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario