5.7.10

Noia: o domingo 11 de xullo, clausura do programa Parroquias Creativas no Tapal e Festa da Escuma

Noia, 5 de xullo de 2010. O vindeiro domingo 11 de xullo terá lugar, ás cinco da tarde, na casa da Agra (praza do Tapal) a clausura do curso de repostería infantil, que pon fin ao programa Parroquias Creativas por este curso.

A este obradoiro de repostería asistiron, dende o pasado mes de outubro de 2009, máis de 80 alumnas e alumnos con idades dende os 3 aos 16 anos. A despedida consistirá na elaboración dun postre sorpresa ao que convidarán a merendar á familia dos alumnos dos futuros reposteiros que ata alí se acheguen. Tamén levarán os rapaces un agasallo polo esforzo realizado durante todo o obradoiro e, dende as seis e media da tarde, haberá unha Festa da Escuma na praza do Tapal para todos os rapaces noieses que se queiran sumar.

Rosa Ana Mariño, a concelleira de Relacións Veciñais, aproveita para emprazar a todos aqueles interesados en retomar as actividades do programa "Parroquias Creativas" no mes de outubro deste ano a que se anoten nos diferentes cursos dende o vindeiro mes de setembro. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical