Ribeira, 5 de xullo de 2010. O pasado sábado 3 de Xullo de 2010, no conservatorio municipal, tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna. A participación foi mellor da esperada: 44 dorneiros en representación de 18 peñas e tendo en conta o partido de fútbol no que a selección de España se clasificou por vez primeira para unhas semifinais dun Campionato Mundial.
Nesta reunión cubríronse os organizadores dos xogos que quedaran por cubrir na anterior asamblea, e recibiuse colaboración de varias peñas nas actividades que organiza a R. e I. Cofradía da Dorna durante a propia festa. Aínda así precisa máis colaboración na propia festa, explicaron dende a directiva.
Hai xogos que precisan de inscrición previa para poder levalos adiante. Para inscribirse á canción de tasca hai follas en Pepe de Noia e tamén alí se poden apuntar ao enjalanamento de fanequeiras, ademais de na Caseira.
Para incribirvos ao Facho dorneiro poñédevos en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com "e non demoredes demasiado", insiste Arturo Mariño, presidente da Cofradía dorneira actual.
As peñas representadas na asamblea foron:
-Arría o Jallo.
-Estou que escacho.
-Carallos de Rei.
-Ratos da Illa.
-Mexillóns con toxina non se come coxina!
-As Javotas máis Jopas.
-Pateiros Palangreiros.
-Llapras do Stop.
-Persebes epiléticos.
-Os Percebes fan os deberes.
-O Rapante do Mercante.
-Tallantes con tirantes.
-Sentolos e duascentas tolas.
-Vikinjos da Tomasa.
-Cajaboi Island.
-Derrape mental.
-Cabuxos.
-A peña dos pescadillas vamos de botellón ao mesón capilla.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario