Noia, 23 de xullo de 2010. O equipo de goberno de Noia, co alcalde Rafael García Guerrero á fronte e o concelleiro de Economía e Facenda, Lino García, presentaron esta mañá un plan de sustentabilidade financieira no que se comprometen, no período 2007-2010, a reducir a débeda deste concello dun 52% a un 15%.
O 1 de xaneiro de 2007 o Concello de Noia debía máis de catro millóns de euros, o que constituía un nivel de débeda do 52%. A 30 de xuño de 2010, a débeda está en dous millóns setecentos vintenove mil euros, o que supón case un 27% de débeda. A finais de 2012 agardan baixala ata un 15%, coa intención de que se poidan garantir pagos de nóminas e facturas, se amplíe o espectro de axudas a entidades deportivas e culturais, se adquiran propiedades para incrementar o patrimonio municipal e se fagan achegas a subvencións doutras administracións sen ter que acudir a préstamos bancarios.
A maior parte do que debe o Concello de Noia ten como acreedora principal a Caixa Galicia. A suma máis importante é a de 2006, con 1.638.000 euros, máis da metade da débeda total actual pendente.
Entre as medidas para aforrar, o equipo de goberno noiés plantexa recuperar a recadación do Imposto de Bens Inmobles que agora ten delegado na Deputación, informatizar máis e mellor os diferentes departamentos implicados na xestión de taxas, multas, cobros e débedas e depurar os censos fiscais, para que aos cidadáns e empresas que cumpren se lles faga xustiza.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario